Andaman do Medio

From Wikipedia, the free encyclopedia

Andaman do Medio

Andaman do Medio[1] é a illa central de Gran Andaman, cunha superficie total de 1.536 km². Pertence ao distrito administrativo de Andaman do Medio e do Norte, forma parte do Territorio da Unión de Andaman e Nicobar na India .[2]

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Andaman do Medio
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 12°30′N 92°50′L
PaísIndia
Territorios da UniónAndaman e Nicobar
Poboación
Poboación54.385 (35,71 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1.523 km²
Medición28 () × 70 () km
Bañado porOcéano Índico
Altitude512 m
Identificador descritivo
Fuso horario

Pechar

A súa costa foi alagada polo tsunami resultantes do Terremoto do Océano Índico 2004, aínda que o efecto foi moito menos grave en comparación con outras illas de Andaman e Nicobar.

Xeografía

A illa pertence á Cadea de Gran Andaman e localízase a 73 km. ao norte de Port Blair. É a illa central das illas Andaman na India, cunha superficie total de 1.536 km². Andaman do Medio sepárase da illa de Andaman do Norte polo estreito de Austen, e da illa de Baratang no sur polo estreito de Homfray, ambas canles profundas e estreitas, dalgúns centos de metros de ancho. E da illa Interview no seu oeste polo paso navegable de Interview.[3]

Administración

Politicamente, Andaman do Medio, é parte dos tehsils de Mayabunder e Rangat.[4] [5][6]

Demografía

A poboación de Andaman do Medio consta de colonos bengalís, támiles e keralitas. A illa é tamén o fogar de moitos indíxenas Jarawa. A principal ocupación dos habitantes é a agricultura.

As cidades principais de Andaman do Medio (poboación metropolitana entre parénteses) son Rangat (10.000), Mayabunder (5.565), Bakultala (4.454), Nimbutala (3.063), e Kadamtala (3.008).

Segundo o censo da India de 2011, a illa ten x fogares. A taxa de alfabetización efectiva (é dicir, a taxa de alfabetización excluíndo os nenos menores de 6 anos) é do 76%.[7]

Máis información Total, Homes ...
Demographics (2011 Census)[7]
TotalHomesMulleres
Poboación556322876726865
Nenos menores de 6 anos206510391026
Castas rexistradas000
Tribos rexistradas333
alfabetizados422942294619348
Traballadores (todos)220
Traballadores principais (total)220
Pechar

Turismo

A illa alberga inmaculadas fervenzas e bonitas praias. Ofrece diversión aventureira como campamentos na illa, sendeirismo, mergullo e outros deportes acuáticos.[8]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.