From Wikipedia, the free encyclopedia
Un analxésico é un medicamento que produce analxesia, é dicir, que se utiliza para eliminar ou calmar a dor,[1] ben sexa de cabeza, muscular, artrítica ou outras.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Existen diferentes tipos de analxésicos e cada un deles ten as súas vantaxes e os seus riscos ou inconvenientes.
Aínda que o termo analxésico pódese usar para calquera substancia, é dicir, para calquera medio que reduza a dor, xeralmente refírese a un elemento dun conxunto de fármacos, de familias químicas diferentes, que eliminan ou calman a dor por diferentes mecanismos.
O termo analxésico, usado como adxectivo ("relativo ou pertencente á analxesia", e "que suprime ou diminúe a sensibilidade á dor"), e como substantivo ("medicameento que suprime ou calma a dor"), formouse, como é habitual en galego para moitos adxectivos e susbtantivos derivados, a partir da raíz do substantivo analxesia, coa adición do elemento ´-ico.[2]
En canto a analxesia é un termo que se adoptou contra 1700 no latín dos médicos, calco do grego antigo ἀναλγησία analgēsia, "insensibilidade" (de ἀν- an-, "partícula privativa", "non", e ἀλγείν algeín ou ἀλγέω algeō, "sentir dor", "ter dor".[3]
Os antiinflamatorios non esteroideos (AINE) son un grupo heteroxéneo de fármacos, cuxo representante máis coñecido é o ácido acetilsalicílico (coñecido co nome comercial rexistrado de aspirina®.
Estes analxésicos actúan sobre todo inhibindo ás enzimas chamadas ciclooxixenases, cruciais para a produción de prostaglandinas, substancias mediadoras da dor. Corresponden ao chamado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) primeiro chanzo analxésico,[4] canda o paracetamol (AINE carente de efectos antiinflamatorios).
Ademais da súas propiedades analxésicas, os AINE son antipiréticos, antiinflamatorios e, algúns, antiagregantes plaquetarios.
Porén, teñen o inconveniente de que non se pode superar unha dose de tolerancia ou teito terapéutico debido aos graves efectos adversos, como poden ser as hemorraxias.
Son un grupo de substancias, a maioría sintéticas, que imitan, con menor poder analxésico, a acción dos opioides. Corresponden ao segundo chanzo analxésico da OMS.[4]
Son un grupo de fármacos, uns naturais (opiáceos), como a morfina, e outros artificiais (opioides), como o fentanilo, que actúan sobre os receptores opioides das neuronas do sistema nervioso, imitando o poder analxésico dos opiáceos endóxenos.[5]
Son os fármacos analxésicos máis potentes coñecidos e corresponden ao terceiro chanzo analxésico da OMS.[4] Pódense asociar e potencian a súa acción cos AINE, pero non é bioloxicamente correcto asocialos a opiáceos menores.
Os opiáceos maiores non presentan teito terapéutico, polo que se pode aumentar a dose segundo a presenza de dor e a tolerancia do paciente. Presentan o inconveniente de que son substancias estupefacientes, e deprimen o sistema nervioso central nas primeiras doses.
O ziconotide é un fármaco que non é nin opioide, nin un AINE, e tampuoco un anestésico local. Úsase no tratamento das dores crónicas.
Son fármacos que, aínda que non son analxésicos cando se administran illadamente, potencian a acción de calquera analxésico en asociación. Entre os fármacos coadxuvantes analxésicos encóntranse os:
Aínda que non se poden incluír dentro do grupo dos analxésicos, o placebo, é dicir, o efecto placebo ou alivio da dor en ausencia dun tratamento coñecido bioloxicamente como activo, é capaz de activar áreas cerebrais implicadas no alivio da dor, provocando cambios físicos na maneira na que o cerebro responde á dor, visíbel en resonancia magnética funcional, polo que está demostrado que a confianza que deposita o doente nun tratamento, mellora os resultados do mesmo. Pese a todo, ningunha fase do tratamento da dor pasa pola utilización de placebos, porque non é ético.
Os analxésicos son medicamentos que poden causar dependencia física e mesmo poden, posibelmente, levar á morte se son administrados en exceso. O seu uso abusivo tamén pode provocar efectos colaterais, como hipertensión, gastrite e hepatite.[6]
Non é recomendabel o uso destas drogas por conta propia (compo tampouco o é a de calquera outro medicamento. Outras clases de drogas, que normalmente non son consideradas analxésicos, úsanse para tratar síndromes de dor neuropáticas. Estas inclúen antidepresivos tricíclicos e anticonvulsantes.
A aspirina pode inhibir a produción de prostaglandinas, substancias que protexen a mucosa gástrica (do estómago) e os riles, favorecendo así a produción de hemorraxias e úlceras gástricas.[6]
O paracetamol en doses maiores de 10 g/día pode causar hepatite medicamentosa.[6]
Moitos analxésicos conteñen altas cantidades de cafeína. Por iso, a súa falta pode causar a "cefalea de retirada" e, así, é necesario o consello médico para a retirada desas drogas.[6]
Analxésicos
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.