From Wikipedia, the free encyclopedia
As amígdalas linguais ou tonsilas linguais (TA en latín tonsilla lingualis) son unhas masas de tecido linfático localizadas na lámina propia da raíz da lingua.[1] Este tecido linfático consta de ganglios linfáticos con abundantes células do sistema inmunitario (inmunocitos).[2] Os inmunocitos inician a resposta inmune cando as amígdalas linguais se poñen en contacto con microorganismos invasores patóxenos (bacterias, virus ou parasitos).[2][3][4]
As amígdalas linguais están cubertas externamente por epitelio escamoso estratificado non quertinizado, que se invaxina cara a dentro formando criptas. Baixo o epitelio hai unha capa de ganglios linfáticos que conteñen linfocitos. As glándulas mucosas localizadas na raíz da lingua drenan a través de varios condutos nas criptas das amígdalas linguais.[2][3] As secrecións destas glándulas mucosas manteñen as criptas limpas e libres de residuos.
As amígdalas linguais están localizadas na parte posterior da lingua e reciben rego sanguíneo da:[1]
As amígdalas linguais están innervadas polos nerviois tonsilares do plexo tonsilar, formado polos nervios glosofarínxeo e vago.[1]
Igual que noutros tecidos linfáticos, a función das amígdalas linguais é previr infeccións. Estas amígdalas conteñen linfocitos B e T, que se activan cando bacterias nocivas ou virus entran en contacto coas amígdalas. Os linfocitos B neutralizan os patóxenos producindo anticorpos contra eles, mentres que os linfocitos T mátanos directamente liberando substancias citotóxicas ou indirectamente activando outras células inmunitarias.[2][3][4]
O carcinoma de célula escamosa é un tipo de neoplasma que pode afectar as amígdalas linguais.[5]
O agrandamento ou hipertrofia das amigdalas linguais pode causar ou exacerbar a apnea do sono.[6]
Este artigo incorpora texto en dominio público da páxina 1138 da 20ª edición de Gray's Anatomy (1918).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.