filme de 2021 dirixido por Mohamed Diab From Wikipedia, the free encyclopedia
Amira é un filme de 2021 coproducido internacionalmente e dirixido polo exipcio Mohamed Diab.[2][3] Foi producido entre Xordania, Exipto e os Emiratos Árabes Unidos.[4] Está protagonizado por Tara Abboud, xunto con Saba Mubarak e Ali Suliman nos papeis secundarios, e conta a historia de Amira, unha rapaza palestina de 17 anos que foi concibida co esperma de contrabando do seu pai preso, Nawar.[5][6]
Amira | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | أميرة |
Director | Mohamed Diab |
Produtor | Hany Abu-Assad Amira Diab Sarah Goher Mohamed Hefzy Eric Lagesse Moez Masoud Rula Nasser Daniel Ziskind |
Guión | Mohamed Diab Khaled Diab Sherine Diab |
Intérpretes | Tara Abboud Saba Mubarak Ali Suliman |
Música | Khaled Dagher |
Fotografía | Ahmed Gabr |
Montaxe | Ahmed Hafez |
Estudio | Arab Media Network Film-Clinic Lagoonie Film Production MAD Solutions The Imaginarium |
Distribuidora | MAD Solutions [1] |
Estrea | Venecia: 3 de setembro de 2021 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Xordania Exipto Emiratos Árabes Unidos |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Foi escollido como candidato de Xordania para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[7][8] mais foi retirado da competencia pola Royal Film Commission debido á polémica sobre o tema do mesmo. O filme, que se centra nunha nena palestina que descobre que o seu verdadeiro pai é en realidade un garda de prisións israelí e non o prisioneiro palestino, foi criticada polas organizacións de dereitos dos presos e retirado "por respecto aos sentimentos dos presos e as súas familias".[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.