Alpheus Hyatt

From Wikipedia, the free encyclopedia

Alpheus Hyatt
Remove ads

Alpheus Hyatt (5 de abril de 1838 – 15 de xaneiro de 1902) foi un zoólogo e palaeontólogo estadounidense. Foi unha eminencia no estudo de invertebrados fósiles, especialmente cefalópodos.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Biografía

Alpheus Hyatt II naceu en Washington, D.C. fillo de Alpheus Hyatt e Harriet Randolph (King) Hyatt. Asistiu durante breve tempo á Academia Militar de Maryland e á Universidade Yale, e despois graduouse na Universidade Harvard en 1862; alistouse como soldado raso na Infantería de Voluntarios de Massachusetts para a guerra civil estadounidense, acabando co rango de capitán.[2]

Thumb
A Norwood-Hyatt House, onde Hyatt estableceu o seu laboratorio de bioloxía mariña

Despois da guerra traballou durante un tempo no Instituto Essex (agora chamado Peabody Essex Museum de Salem, Massachusetts). Xunto cun colega fundou a revista The American Naturalist e Hyatt foi o seu editor entre 1867 e 1870. Converteuse en profesor de paleontoloxía e zooloxía no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1870, onde impartiu docencia durante dezaoito anos, e foi profesor de bioloxía e zooloxía na Universidade de Boston de 1877 ata a súa morte en 1902. Tamén serviu como curador da Sociedade de Boston de Historia Natural, onde a súa axudante foi por longo tempo a súa anterior estudante Jennie Maria Arms Sheldon, e creou un laboratorio na Norwood-Hyatt House en 1879[3] para o estudo da bioloxía mariña en Annisquam, Massachusetts. O edificio de River Road deulle acceso ao río Annisquam, un estuario de auga salgada. Esta institución mudouse a Woods Hole e converteuse no laboratorio biolóxico mariño de Woods Hole en 1888.[1][4][5]

Hyatt estudou co profesor Louis Agassiz[1] e foi un dos propoñentes do neolamarckismo xunto con Edward Drinker Cope.[6] En 1869, a Academia Americana das Artes e as Ciencias elixiuno como membro en 1875, e foi elixido membro da Academia Nacional das Ciencias dos Estados Unidos.[7] Foi elixido membro da American Philosophical Society en 1895.[8] En 1898, recibiu o grao honorario de LL.D. (doutor en dereito) da Universidade Brown.[2]

El e a súa muller, Audella Beebe, coa que casou en 1867,[9] foron os pais da famosa escultora Anna Hyatt Huntington; os seus outros fillos foron Harriet Randolph Hyatt Mayor, que tamén era escultora, aínda que menos coñecida (e nai do historiador A. Hyatt Mayor), e Alpheus Hyatt III.

Morreu en Cambridge, Massachusetts en 1902.[2]

Remove ads

Publicacións

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads