From Wikipedia, the free encyclopedia
O Aérospatiale Alouette III (designacións da compañía SA 316 e SA 319) é un helicóptero utilitario lixeiro dun só motor desenvolvido pola firma Sud Aviation. Foi fabricado pola francesa Aérospatiale, e baixo licenza por Hindustan Aeronautics Limited na India como o HAL Chetak, por Industria Aeronautică Română (IAR) en Romanía como o IAR 316 e por F+W Emmen en Suíza. Producíronse máis de 2 000 unidades entre os distintos fabricantes.
Aérospatiale Alouette III | |
---|---|
Tipo | helicóptero lixeiro |
Fabricante | Sud Aviation Aérospatiale |
Primeiro voo | 28 de febreiro de 1959 |
Introducido | 1960 |
Estado | en servizo |
Produción | 1961 - 1985 |
Unidades construídas | máis de 2 000 |
O Alouette III desenvolveuse como un derivado máis grande do exitoso Alouette II. Comparte moitos elementos co seu predecesor ofrecendo un par de asentos máis e outras melloras, converténdose rapidamente nun éxito comercial entre clientes tanto civís como militares.
O Alouette III ten a súa orixe cun deseño de helicóptero anterior do fabricante francés Sud-Est, o SE 3120 Alouette, que, aínda que rompeu varios rexistros de velocidade e distancia de helicópteros en xullo de 1953, considerouse demasiado complexo como produto comercial realista.[1]
A primeira versión do Alouette III, o prototipo SE 3160, voou por vez primeira o 28 de febreiro de 1959, pilotado polo aviador francés Jean Boulet.[2] O SA 316A (SE 3160) entrou en produción en 1961 e fabricouse ata 1968, cando foi substituído polo SA 316B. O derradeiro Alouette III, o número 1 437, deixou a liña de montaxe de Marignane no ano 1979, cando pechou a principal liña de produción en Francia. O derradeiro Alouette III de Aérospatiale entregouse en 1985.
Ao redor de 500 unidades foron fabricadas baixo licenza en Romanía, India e Suíza. Hindustan Aeronautics Limited (HAL) obtivo unha licenza para construír o Alouette III co nome de HAL Chetak na India. Ao redor de 300 aparellos foron producidos por HAL que continuou actualizándoo independentemente ao longo dos anos, estando aínda unha versión en fabricación aínda que cuns números reducidos. Tamén se produciron versións baixo licenza ou se montaron aparellos por parte de IAR en Romanía (como o IAR 316), de F+W Emmen en Suíza, e de Fokker e Lichtwerk nos Países Baixos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.