xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Aloidendron é un xénero de plantas suculentas da subfamilia Asphodeloideae. Aínda que algunhas teñen aspecto de árbore, en realidade están relacionadas cos áloes. O xénero foi separado do xénero máis amplo Aloe en 2013.[1]
Aloidendron | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aloidendron dichotomum | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
Aloidendron barberae |
Os estudos filoxenéticos indicaron que varias especies que estaban situadas tradicionalmente no xénero Aloe eran xeneticamente distintas e formaban un clado separado. En 2013, estas especies foron separadas e clasificadas nun novo xénero, Aloidendron, unha decisión que foi confirmada por Manning et al. en 2014.[2]
En 2017, a World Checklist of Selected Plant Families aceptaba as seguintes especies dentro deste xénero:
Imaxe | Nome científico | Distribución |
---|---|---|
Aloidendron barberae (Dyer) Klopper & Gideon F.Sm. | En Suráfrica da provincia do Cabo Oriental ata o antigo Transkei, KwaZulu-Natal, Eswatini e Mpumalanga; e cara ao norte ata Mozambique e o leste de África. | |
Aloidendron dichotomum (Masson) Klopper & Gideon F.Sm. | No norte de Keetmanshoop, en Namibia. Provincia do Cabo Setentrional en Suráfrica en Gannabos. | |
Aloidendron eminens (Reynolds & P.R.O.Bally) Klopper & Gideon F.Sm. | Na área norte de Erigavo, Somalia. | |
Aloidendron pillansii (L.Guthrie) Klopper & Gideon F.Sm. | Namibia e Suráfrica. | |
Aloidendron ramosissimum (Pillans) Klopper & Gideon F.Sm. | Entre Suráfrica e Namibia. | |
Aloidendron sabaeum (Schweinf.) Boatwr. & J.C.Manning | Arabia Saudita e o Iemen. | |
Aloidendron tongaense (van Jaarsv.) Klopper & Gideon F.Sm. | En KwaZulu-Natal, na fronteira entre Mozambique e Suráfrica. | |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.