Almofrei, Cerdedo-Cotobade
parroquia civil do concello de Cerdedo-Cotobade From Wikipedia, the free encyclopedia
San Lourenzo de Almofrei é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 268 habitantes (136 homes e 132 mulleres), 8 menos que en 2007. Dos 9 lugares da parroquia, 5 están habitados.
Almofrei | |
---|---|
Igrexa de San Lourenzo de Almofrei. | |
Concello | Cerdedo-Cotobade[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°26′05″N 8°32′57″O |
Área | 2,5 km² |
Poboación | 246 hab. (2019) |
Densidade | 98,4 hab./km² |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O topónimo ''Almofrei é de orixe xermánica, indicando o nome gótico latinizado do posesor Ermaufredus, seguramente altomedieval. O xenitivo Ermaufredi evolucionou a Almofrei, que dá nome á súa vez ó río Almofrei.
Patrimonio
Igrexa parroquial
A igrexa parroquial, de estilo barroco, está no lugar da Arrotea. Ten planta de cruz latina, e na fachada está San Lourenzo nun fornelo cunha grella na man, baixo as dúas campás e unha espadana. No adro hai tres cruceiros. Tamén conta cun cemiterio.
Ponte de Almofrei
Sobre o río Almofrei hai unha ponte do século XVI, construída en cantería foi apoiada sobre as propias pedras do río cun arco oxival de 7,70 metros de luz e máis de 10 de altura sobre o leito, era parte do camiño entre Almofrei e Mirón. Pola ponte cruza unha calzada empedrada, posiblemente de orixe romana[2] e que enlaza coa parroquia de Tourón, xa no limítrofe concello de Ponte Caldelas.
A finais do ano 2017, a importante deterioración que presentaba a ponte debido ao paso do tempo motivou que se executasen sobre el —co fin de garantir a súa estabilidade e a seguridade do seu uso— diferentes obras de rehabilitación, acondicionamento e consolidación.
Muíño
Xunto á ponte, a escasos metros río arriba, destaca a presenza dun antigo muíño de maquía: o coñecido como muíño dá Ponte, o número 54 contando desde o seu nacemento e, case con toda probabilidade, o máis interesante de todos eles. A existencia de vivenda na planta superior e a disposición dos seus catro rodicios en dúas alturas diferentes fan del un muíño único na comarca[3]. É de titularidade pública[4]
Galería de imaxes
- Ponte medieval sobre o río Almofrei.
- San Lourenzo (detalle da fachada da igrexa parroquial).
- Cruceiro e igrexa.
- Igrexa parroquial.
- Igrexa parroquial.
Lugares e parroquias
Lugares de Almofrei
Lugares da parroquia de Almofrei no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
Os Agriños | A Arrotea | As Cachopeiras | A Costa do Outeiro | A Fontenova | A Grosa | Outeiro Redondo | A Pombeira | A Xesteira |
Parroquias de Cerdedo-Cotobade
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.