Remove ads
aldea da parroquia de Almofrei, no concello de Cerdedo-Cotobade From Wikipedia, the free encyclopedia
A Xesteira é unha aldea da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, se ben unha parte do seu núcleo (Rascadería), pertence á parroquia de Tenorio. Segundo o IGE en 2010 tiña 67 habitantes (32 homes e 35 mulleres), os mesmos ca en 2007. Xunto coa Rascadería, as outras entidades de poboación son A Xesteira e as Cachopeiras.
A Xesteira | |
---|---|
Parroquia | Almofrei |
Concello | Cerdedo-Cotobade |
Coordenadas | 42°26′41″N 8°33′19″O |
Poboación | 65 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Neste lugar atópase o cruceiro da Xesteira, de 1701.
María Dolores Villanueva Gesteira escribiu Lingua en Sociedade; A aldea da Xesteira, un estudo sociolingüístico que acadou o premio de investigación Antonio Fraguas no ano 2006. Amais, neste lugar desenvolveuse o traballo da mesma autora que deu lugar ao artigo "O campo semántico das cores visto por tres xeracións" (Estudos de Lingüística Galega, 2009).
O seu topónimo fai mención a unha xesteira, un lugar onde abundan as xestas.
Lugares da parroquia de Almofrei no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
Os Agriños | A Arrotea | As Cachopeiras | A Costa do Outeiro | A Fontenova | A Grosa | Outeiro Redondo | A Pombeira | A Xesteira |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.