From Wikipedia, the free encyclopedia
Un traveseiro[1], almofada, cabeceiro ou cabezal é unha especie coxín feito usualmente de pana, pluma, cotón, escuma, viscoelástico etc. que se utiliza á cabeceira da cama, servindo para descansar a cabeza mentres se dorme. O traveseiro ponse sobre o colchón, na parte superior da cama vestíndose co xogo desta. O seu obxecto é manter recta a columna vertebral enchendo o oco do pescozo para relaxar a caluga, evitar tensións musculares, diminuír o estrés acumulado durante o día e axudar a conseguir un soño tranquilo.
O termo galego traveseiro (en portugués: travesseiro) ten orixe por ser un coxín que se atravesa de lado a lado da cama. O termo aparece xa no texto de Antonio López Ferreiro de 1895: O Castelo de Pambre, leenda do sigro XIV:
O termo almofada provén do árabe andalusí مخدة mujadda, con adición do artigo determinado al-, isto es: المخدة al-mujadda, que vén do árabe estándar mijadda: coxín. A raíz desta verba é jadd (banda ou meixela), así que se relaciona semanticamente co feito de acougar a meixela ou descansar de costado. O termo almofada aparece en galego antigo xa no Inventario de los bienes de Lope González, pub. por Oviedo Arce en la C. D . G. H., p. 286:
Óllese que o termo portugués almofada refírese a calquera tipo de coxín, reservándose o termo travesseiro para o traveseiro.
A comezos foron usadas pola clase alta, e foron atopadas en tumbas do Antigo Exipto. A dificultade de tinturas sofisticados e técnicas de costura conduce ao desenvolvemento destas coma un xeito de arte, con modelos sumamente enfeitados orixinarios da China, que chegaron séculos despois á Europa Medieval. Coa Revolución industrial chegou a fabricación en serie de pezas téxtiles decoradas, que acabaron por se espallar. Os traveseiros tradicionais chineses son caixas feitas con materiais coma a pedra, a madeira, o metal ou a porcelana no canto de ser recheas de tea.[4]
Os traveseiros tradicionais galegos enchíanse de lá, palla ou follaco de millo.
Un modelo estándar consta de tres pezas:
A isto, adóitase engadir como parte da roupa de cama unha funda externa lavábel.
As medidas coinciden co largo habitual das camas, sendo as máis habituais as seguintes: 67 cm, 80 cm, 90 cm, 105 cm, 135 cm, 170 cm.
Polo material de fabricación do núcleo interior, pódense distinguir:
Pola súa forma pódense distinguir:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.