cantante canadense From Wikipedia, the free encyclopedia
Alissa White-Gluz, nada o 31 de xullo de 1985 en Montreal é unha cantante canadense, coñecida por ser a anterior vocalista e membro fundadora do grupo The Agonist,[1] e a vocalista dende 2014 do grupo sueco de Death metal melódico Arch Enemy.[2]
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1985 (39 anos) Montreal, Canadá |
Actividade | |
Ocupación | cantante, Activista polos dereitos humanos, compositora de cancións |
Período de actividade | 2004 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Death metal melódico, Thrash metal e Metalcore |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Century Media Records |
No ano 2004 White-Gluz formou o grupo The Agonist xunto a Danny Marino e Chris Kells en Montreal,[3] asinando posteriormente co selo Century Media Records e gravando tres álbums musicais de estudio.
O 17 de marzo de 2014 Arch Enemy anunciou por medio dun comunicado de prensa que White-Gluz sería a substituta da anterior vocalista Angela Gossow.[4] White-Gluz publicou unha mensaxe na súa páxina de Facebook dicindo que deixara o seu anterior grupo The Agonist, e que Vicky Psarakis sería a nova vocalista do mesmo.[5] Posteriormente en agosto do 2015, White-Gluz afirmou nunha entrevista que os restantes membros de The Agonist foran os que a botaran do grupo.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.