Alicia de Larrocha

pianista española From Wikipedia, the free encyclopedia

Alicia de Larrocha

Alicia de Larrocha i de la Calle, nada en Barcelona o 23 de maio de 1923 e finada na mesma cidade o 25 de setembro de 2009, foi unha pianista e compositora española. Foi considerada unha das maiores lendas do piano do século XX. Reuters chamouna "a pianista española máis grande da historia",[1] Time "unha das pianistas máis excepcionais do mundo"[2] e The Guardian "a principal pianista española do seu tempo".[3]

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Alicia de Larrocha
Thumb
Nome orixinal(es) Alicia de Larrocha de la Calle
Biografía
Nacemento(ca) Alícia de Larrocha i de la Calle
28 de maio de 1923
Barcelona, España
Morte25 de setembro de 2009 (86 anos)
Barcelona, España
Actividade
Ocupaciónpianista, compositora
Membro de
ProfesoresFrank Marshall (pt)
AlumnosDaniel Blanch (en) e Marta Zabaleta (en)
InstrumentoPiano
Premios

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih,
Sitio webhttps://www.aliciadelarrocha.com/
Dialnet: 3048120
Pechar

Gañou múltiples premios Grammy e o premio Príncipe de Asturias das Artes. Está recoñecida por dar maior popularidade ás composicións de Isaac Albéniz e Enrique Granados.[1] En 1995, foi a primeira artista española en gañar o premio da UNESCO.[3]

Traxectoria

Alicia de Larrocha naceu en Barcelona.[4] Comezou a estudar piano con Frank Marshall aos tres anos. Ambos os seus pais eran pianistas e era tamén sobriña de pianistas.[2][4] Actuou por primeira vez en público aos cinco anos na Exposición Internacional de Barcelona.[2] O seu primeiro concerto foi aos seis anos na Feira Mundial de Sevilla de 1929, e fixo o seu debut con orquestra aos once anos. Contra 1943, as súas interpretacións xa se vendían fóra de España[2] e comezou a facer xiras internacionais en 1947. En 1954 visitou os Estados Unidos coa Filharmónica dos Ánxeles. En 1969 actuou en Boston para a serie do Peabody Mason Concert.[5] En 1966 comprometeuse cunha xira por Suráfrica que foi tan popular que se completaron outras tres xiras.[6]

De Larrocha, escribiu Jed Distler, "comezou a compor aos sete anos de idade e continuou a facelo de cando en vez ata que cumpriu trinta anos, cun incremento prolífico na súa adolescencia tardía" e aínda que nunca interpretou as súas obras en público, deu á súa familia a posibilidade de dispoñer delas trala súa morte, o que fixeron.[7]

De Larrocha fixo numerosas gravacións do seu repertorio de piano en solitario, en particular de compositores españois. É coñecida polas súas gravacións de Manuel de Falla, Enrique Granados, Frederic Mompou e Isaac Albéniz, así como as súas gravacións de 1967 das sonatas para teclado de Antonio Soler. Gravou para Hispavox, CBS/Columbia/Epic, BMG/RCA e London/Decca, gañando o seu primeiro Grammy en 1975 e o último en 1992, con case setenta anos. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes en 1994.[2]

De Larrocha dixo nunha entrevista de 1978 con Contemporary Keyboard, "non creo haxa un ‘mellor' de calquera cousa nesta vida. Diría, aínda así, que Granados era un dos grandes compositores españois, e que, na miña opinión, era o único que capturou o verdadeiro sabor romántico. O seu estilo era aristocrático, elegante e poético... completamente diferente de Falla e Albéniz. Para min, cada un deles é un mundo diferente. Falla foi quen realmente capturou o espírito da música xitana. E Albéniz creo que era máis internacional cós outros. Aínda que a súa música é española en sabor, o seu estilo é completamente impresionista".[8]

Con apenas 1,50 metros de altura e mans pequenas para un pianista,[1][2] nos seus anos máis novos era aínda así capaz de atacar todos os grandes concertos (os cinco de Beethoven, o número 1 de Liszt, o número 2 de Brahms, os números 2 e 3 de Rakhmáninov, os dous de Ravel, o número 3 de Prokofiev, os de Bliss e Khachaturian e moitos máis), así como as grandes obras de Granados, Albéniz e Falla. Tiña un "quinto dedo longo" e un "largo tramo entre o polgar e o dedo de índice" que a axudaron a estar máis dotada tecnicamente.[3]

Segundo foi avanzando en idade comezou a tocar nun estilo diferente de música; nos seus recitais apareceron máis Mozart e Beethoven e converteuse en invitada regular no "Mostly Mozart Festival" do Lincoln Center for the Performing Arts en Nova York. En 2001, foi nomeada membro honoraria da Fundación para a Música Ibérica na Universidade de Cidade de Nova York. De Larrocha retirouse da interpretación ante o público en outubro de 2003, con 80 anos, despois dunha carreira de 76 anos.[2][4]

Alicia de Larrocha morreu o 25 de setembro de 2009 no Hospial Quirón, Barcelona, aos 86 anos. A súa saúde empeorara dende que rompera a súa cadeira cinco anos antes. O seu marido, o pianista Juan Torra, con quen tivo dous fillos, faleceu en 1982.[2][3]

Lista de premios e nomeamentos

De Larrocha Gañou varios premios durante a súa vida. A súa extensa discografía foi recoñecida con catorce candidaturas aos Grammy (1967, 1971, 1974,1975 (X2), 1977 (X2), 1982 (X2), 1984, 1988, 1990, 1991, 1992) e gañou catro premios. Recibiu graos honorarios nas universidades de Míchigan, Middlebury College, Vermont, e Carnegie Mellon.[2][3]

En 1994, recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes.[9]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.