Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Alice Springs (Mparntwe en lingua arrernte), é unha cidade do Territorio do Norte, Australia. Segundo o censo de 2012 tiña 28 605 habitantes.
Epónimo | Alice Gillam Bell (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Australia | |||
Mainland territory of Australia (en) | Territorio do Norte | |||
Local government area of the Northern Territory (en) | Town of Alice Springs (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 23.726 (2016) (159,23 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 149 km² | |||
Bañado por | Todd River (en) | |||
Altitude | 576 m | |||
Creación | 1872 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 0870–0872 | |||
Fuso horario | ||||
Sitio web | alicesprings.nt.gov.au |
O asentamento, orixinalmente chamado Stuart, comezou como unha estación telegráfica en 1872 no medio do territorio tradicional dos arrernte centrais, preto dun regato chamado Alice Springs e máis tarde coñecido como río Todd, no medio da rota das caravanas de camelos que percorrían o deserto australiano. O ferrocaril chegou en 1929 e a cidade mudou de localización, aínda que en 1933 pasou a se denominar oficialmente Alice Springs.
Na cidade está a base de utilización conxunta australiano–estadounidense Pine Gap (1966) para o seguimento de satélites militares, na que traballan 700 persoas, pero a maior fonte de ingresos da cidade é o turismo. Alice Springs é a segunda cidade máis grande do Territorio do Norte, colocándose, por tamaño e poboación só por baixo de Darwin. É coñecida popularmente como The Alice, ou simplemente Alice.
A cidade está case no centro exacto de Australia, e era un punto de paso para a liña de telégrafo entre Adelaida e Darwin. Ata a década de 1930 a cidade chamouse Stuart, en honra de John McDouall Stuart, quen en 1862 encabezou unha expedición ao centro de Australia, onde Alice Springs está situada, para poder construír a liña de telégrafos, que se terminou en 1972. A expedición de Stuart abriu o camiño ao interior da illa e permitiu a súa colonización permanente. Con todo, ata o achado de ouro en Arltunga, a 100 km da cidade, non houbo ningún asentamento de importancia.
A estación de telégrafos de Alice Springs foi situada preto do que se creu unha reserva de auga permanente, no que era o seco río Todd. Foi chamado Alice Springs en honra á esposa do que entón era o administrador de correos de Australia do Sur, Sir Charles Todd. O medio de transporte que foi usado inicialmente foron os camelos, guiados por emigrantes vindos da fronteira noroccidental da India Británica e Paquistán, que eran chamados cameleiros afgáns.
En 1929 terminouse o ferrocarril Palmerston and Pine Creek, que ía de Darwin a Birdum, mentres que o Great Northern Railway terminouse en 1991, que ía de Port Ausgusta a Oodnadatta. Con todo, non foi ata 2003 cando ambas as liñas uníronse.
Durante a década de 1960 converteuse nunha importante referencia defensiva co desenvolvemento da Pine Gap, unha base de satélites baixo terra, creada polos Estados Unidos e Australia. Con todo, a principal industria da cidade é o turismo grazas á proximidade da montaña Uluru ou tamén chamada Ayers Rock.
O nome que recibe por parte dos aborixes é o de Mparntwe. Segundo as historias dos nativos arrernte, criaturas ancestrais merodean pola zona onde se sitúa a cidade, onde hai numerosos lugares importantes para os nativos, como Anthwerrke (Emily Gap), Akeyulerre (Billy Goat Hill), Ntaripe (Heavitree Gap), Atnelkentyarliweke (Anzac Hill) e Alhekulyele (Monte Gillen). No século XXI, a cidade ten influencias aborixes e occidentais.
A cidade está situada xusto no centro de Australia, nunha zona desértica chamada Red Centre (o Centro vermello). Pola cidade pasa o río Todd, que a maior parte do tempo está seco. As temperaturas cambian drasticamente na cidade, pasando duns 28,8 °C de media no verán a uns 11,8 °C de media no inverno. A precipitación media é de 286 mm, pero pode variar radicalmente de ano a ano.
Táboa climática | ||||||||||||||
Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Total anual | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Temperatura media diaria das máximas (°C) | 36,3 | 34,9 | 32,6 | 28,1 | 23,0 | 19,9 | 19,6 | 22,5 | 27,1 | 30,8 | 33,6 | 35,3 | 28,7 | |
Temperatura media diaria das mínimas (°C) | 21,3 | 20,7 | 17,4 | 12,5 | 8,3 | 5,2 | 4,0 | 6,0 | 10,2 | 14,7 | 17,8 | 20,2 | 13,2 | |
Precipitación media (mm) | 38,0 | 44,1 | 32,3 | 17,3 | 20,0 | 14,5 | 14,0 | 9,8 | 8,6 | 21,6 | 27,5 | 38,1 | 285,7 | |
Número medio de días con choiva | 4,6 | 4,8 | 3,1 | 2,2 | 3,2 | 2,7 | 2,6 | 2,0 | 2,3 | 4,7 | 5,7 | 5,8 | 43,7 | |
Fonte: Oficina de Meteoroloxía de Australia |
A cidade de Alice Springs está comunicada por ferrocarril mediante o tren coñecido como The Ghan, que une Adelaida con Darwin. Tamén hai varios voos diarios con destino a Sidney, Melbourne, Uluru, Adelaida, Perth, Cairns e Darwin. A cidade tamén está comunicada por estrada, a principal delas, a Autoestrada Stuart, que une Darwin con Adelaida vía Alice Springs. Ademais conta cun servizo de autobuses que cobren esa mesma liña.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.