deseñador e gravador de moeda austríaco From Wikipedia, the free encyclopedia
Alfred Zierler, nado en Himberg, na Baixa Austria o 28 de maio de 1933 e finado o 26 de xullo de 2024,[1] foi un medallista, gravador e deseñador de moeda austríaco.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1933 Himberg, Austria (pt) |
Morte | 26 de xullo de 2024 (90/91 anos) |
Actividade | |
Ocupación | escultor, numismático, deseñador |
Premios | |
Alfred Zierler graduouse aos 18 anos dos seus estudos de gravado e só dous anos despois, en 1953, ingresou na Casa da Moeda de Austria (Münze Österreich), en Viena, onde se encargou do procesamento manual dos cuños e os punzóns. A súa formación como gravador de esmaltes serviulle cando se lle encomendou a reorganización do deseño das medallas e das condecoracións austríacas logo da segunda guerra mundial. Finalmente, en 1984 foi nomeado gravador xefe da ceca vienesa e permaneceu nese posto ata a súa xubilación en 1993.[2]
En 1993, conmemorando a fin dos seus servizos na ceca austríaca, Zierler foi condecorado coa Goldenes Ehrenzeichen, a medalla gobernamental polos servizos prestados á República de Austria.[2]
Polo xeral, as moedas deseñadas por Zierler amosan, a modo de sinatura, a lenda A. ZIERLER ou ben ZIERLER A. nalgún lugar do campo ou do motivo representado. Entre as moedas austríacas responsabilidade de Zierler pódense destacar as seguintes:[2][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.