From Wikipedia, the free encyclopedia
Aleixo III de Trebisonda ou Aleixo III Comneno (en grego: Αλέξιος Γ΄ Μέγας Κομνηνός, trans. Aléksios III Mégas Komnēnós, nado en Trebisonda o 5 de outubro de 1338 e finado no mesmo lugar o 20 de marzo de 1390, foi emperador (Gran Comneno) de Trebisonda desde o 21 de xaneiro de 1350 até a súa morte. Aleixo III naceu o 5 de outubro de 1338.[1] O seu verdadeiro nome era Xoán, con todo, despois do seu ascenso ao trono, pasou a chamarse Aleixo, en honra do seu avó Aleixo II de Trebisonda[2][3]. Foi o segundo fillo do emperador Basilio Comneno e da súa amante (ou a súa segunda esposa) Irene[4]. Casou con Teodora Cantacucena, a sobriña do emperador bizantino Xoán VI Cantacuceno[5]. A súa voda con Teodora Cantacucena tivo lugar o 28 de setembro de 1351 no katholikón da igrexa de Santo Uxío[6]. O 21 de xaneiro de 1350 Xoán converteuse en emperador co nome de Aleixo III, despois de regresar a Trebisonda desde Constantinopla, tras un longo período de exilio[7].
Nome orixinal | (el) Αλέξιος Γ΄ Μέγας Κομνηνός |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de outubro de 1338 (Gregoriano) Trebisonda |
Morte | 20 de marzo de 1390 (Gregoriano) (51 anos) Trebisonda |
Emperador de Trebisonda | |
22 de decembro de 1349 – 20 de marzo de 1390 ← Miguel de Trebisonda – Manuel III de Trebisonda → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio de Trebisonda Imperio Bizantino |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Lingua | Lingua grega |
Familia | |
Familia | Q3853907 e Dinastía Ducas-Comneno |
Cónxuxe | Teodora Cantacuzena (1358 (Gregoriano)–) |
Fillos | Ana de Trebizonda, rainha da Geórgia (pt) , Basileios Comnenos (en) , Eudóxia de Trebizonda (pt) , Manuel III de Trebisonda, Andronikos Comnenos (en) |
Pais | Basilio de Trebisonda e Irene de Trebizonda (pt) |
Irmáns | Teodora de Trebizonda (pt) e Maria de Trebizonda (pt) |
Durante o seu reinado Aleixo III enfrontouse co conflito interno e as guerras civís entre as familias aristocráticas de Trebisonda, que atormentaban o Imperio desde o reinado de Irene Paleóloga[8]. Aleixo III foi incapaz de dominar ás familias enfrontadas; en lugar diso optou por achegarse a unha de cada vez, segundo as circunstancias, e sen deixar de arrestar aos membros de grupos rivais[9]. Tamén enfrontou as ameazas externas que foron o resultado da rivalidade entre os mercadores venecianos e xenoveses, así como os ataques dos turcománs nos territorios do Imperio. Aleixo III tamén foi un gran benefactor da escola de educación superior en Trebisonda e de moitas igrexas e mosteiros na rexión[10]. Tamén restaurou os muros da cidade e de moitas fortalezas do país. Morreu o 20 de marzo de 1390[10].
Foi o fillo do emperador Basilio Comneno e da súa amante (ou a súa segunda esposa) Irene[4]. A aristocracia trapisondesa estaba representada principalmente por dúas familias: os Skholaris, coas súas alianzas constantinopolitanas, e a familia nativa dos Amytzantarios[11][12]. Despois da morte de Basilio o 6 de abril de 1340, as dúas familias aproveitaron o baleiro de poder a falta dun herdeiro lexítimo[4]. A esposa de Basilio, Irene Paleóloga estaba a ter dificultades para facer valer a súa autoridade[8]. Outras familias, como os Kabazites, Meizomates, Doranites e Tzanichites tamén se involucraron no conflito interno[13]. En agosto de 1340, Xoán (o futuro Aleixo III) xunto coa súa nai e o seu irmán máis vello foron enviados ao exilio en Constantinopla[10].
O 22 de decembro de 1349, despois de Miguel Comneno abdicar do trono, Aleixo e a súa nai Irene regresaron a Trebisonda, co obxectivo de reclamar pacificamente o trono trapisondés apoiados por Xoán VI Cantacuceno[3][10]. Aleixo foi admitido na cidade polo pobo e os nobres e foi coroado o 21 de xaneiro do ano seguinte no katholikón da igrexa de Santo Uxío[2]. Despois da súa coroación obrigou a Miguel a se facer monxe e enviouno ao mosteiro de San Sabas[14].
Desde o primeiro ano do seu reinado, Aleixo III tentou conter a inestabilidade política, causada pola inimizade entre as familias aristocráticas de Trebisonda: Aleixo III a miúdo aliábase cunha familia ou outra ou perseguía aos seus membros[10]. En xuño de 1350 arrestou ao gran stratopedarca Teodoro Doranites, tamén chamado Pilelis, e ao protovestiarios Constantino Doranites, así como a outros membros da mesma familia[15]. Os Doranites foron encarcerados por un curto período de tempo nunha prisión especial para os membros da aristocracia[15]. Con todo, as súas accións non disuadiron á ambiciosa aristocracia, que seguiu conspirando contra o emperador[16].
En xaneiro de 1351, o protovestiarios León Kabazites organizou unha conspiración contra Aleixo III[9]. O emperador arrestou a Kabazites e substituíuno con Pilelis, que fora liberado nese momento. Pouco despois Pilelis rebelouse de novo, ocupando o castelo de Trebisonda, Pilelis tamén capturou ao megaduque Nicetas Skholaris[17]. Con todo, este novo intento tivo un infrutuoso final, xa que non foi apoiado polo pobo[17]. Os conspiradores foron arrestados e encarcerados no castelo de Kekhrinas e un ano despois foron executados[17]. Nese momento, o emperador, sentíndose inseguro debido ás continuas rebelións, trasladouse a Tripolis[15].
En setembro de 1351 a nai de Aleixo III foi posta a cargo dunha misión contra Constantino Doranites en Limnia[15]. En abril de 1352 as relacións do emperador co pinkernes Xoán Tzanikhites foron restauradas, xa que só uns meses antes, en xaneiro, Tzanikhites ocupara a fortaleza de Tzanikha[18]. En maio de 1355 o emperador marchou contra o megaduque Nicetas Skholaris[19]. Skholaris anteriormente axudara ao emperador contra Doranites, pero reunindo o seu propio exército despois dos acontecementos de xuño de 1350 finalmente sublevouse en xuño de 1354, ocupando Cerasus[10]. Nicetas Skholaris tamén tentou atacar a cidade de Trebisonda por mar, axudado polo seu fillo e o protovestiarios Basilio Khoupakis[18]. En maio de 1355 Aleixo III tomou Cerasus, con todo, non foi capaz de capturar aos rebeldes, que fuxiron ao castelo de Kekhrinas[18]. Ao mesmo tempo, Miguel Comneno fixo un intento de recuperar o trono, pero fracasou. En outubro de 1356 o emperador ordenou ao megas domestikos Meizomates e ao gran stratopedarkhos Miguel Sampson marchar contra Kekhrinas e capturar a Skholaris e aos seus seguidores[18].
A tensión nas relacións entre o emperador e a aristocracia fixéronse evidentes cando Kabazites e Xurxo Skholaris tentaron asasinar a Aleixo III no río de San Gregorio en Katabatos, o 27 de outubro de 1363[20]. Kabazites foi capturado, pero Xurxo Skholaris escapou a Amisos, o bispo de Trebisonda Nefón foi confinado ao mosteiro de Sumela, como cómplice da conspiración[21]. En 1371, Aleixo III emitiu unha crisobula, que regresaba a Xurxo Doranites os ingresos da aldea de Khorobe[21]. Isto foi un intento de facer emendas e indicar que desexaba pór fin á guerra civil[21].
Aleixo III fixo esforzos consistentes e arduos para recuperar as zonas do Imperio ocupadas polos emires turcománs, pero tamén para asegurar as fronteiras do Imperio contra os ataques dos seus veciños, quen constantemente o ameazaron durante todo o seu reinado.
En agosto de 1355 Sorogaina foi liberada polo duque de Khaldia, Xoán Kabazites. O 27 de novembro de 1356 e de novo durante 1373, o emperador infrutuosamente marchou contra Kheriane[22]. O 11 de novembro de 1357 o Imperio de Trebisonda foi atacado por Ibrahim Haçi emir da rexión de Palaiomatzouka[22]. En 1360, mentres o emperador estaba a construír o castelo de Kukos en Khaldia, foi atacado polo emir turcomán, Hoça Latif, quen o obrigou a deter a construción.[22] Hoça Latif atacou sen éxito Matzouka ao ano seguinte.[23] En outubro de 1361 o turcomán Ahı Aynapak atacou a fortaleza de Golache e o cercouna, aínda que sen éxito. Con todo, o castelo caeu finalmente ante os turcománs en 1369[23].
En 1370 Aleixo III derrotou aos turcománs na área de Mármara, ao mesmo tempo que facía arduos esforzos para conservar o poder en Limnia e repeler os ataques dos turcománs[24]. En febreiro de 1380 marchou con éxito contra os turcománs con forzas militares e navais[23]. Aínda que Aleixo III non prevaleceu sobre os seus veciños musulmáns, recorreu ás alianzas matrimoniais como o fundamento da súa política externa.
Tratando de manter baixo control aos gobernantes turcománs e as súas aspiracións fronte ao Imperio de Trebisonda, Aleixo III desenvolveu unha política externa baseada en alianzas matrimoniais entre as mulleres da dinastía dos Grandes Comnenos e os herdeiros dos emiratos turcománs.[25] Mediante esta vía diplomática, Aleixo III logrou gañar a seguridade territorial do seu Imperio pero tamén asegurou que as rutas comerciais permanecesen abertas na rexión do Ponto[25].
O primeiro matrimonio tivo lugar en 1352, entre Fakhr al-Din Kutlu Beg o emir de Amiot e a irmá de Aleixo, María Comnena[26]. O segundo matrimonio, en 1358, foi entre o emir Ibrahim Haçi e Teodora Comnena, irmá de Aleixo, despois do ataque do gobernante turcomán en Palaiomatzouka.[25] O 8 de outubro de 1379 o emir de Limnia Tadjeddin Pasha casou con Eudoxia Comnena, filla de Aleixo III, a cambio da zona de Limnia.[27] Nalgún momento despois de 1380 o gobernante turcomán de Paipert e Keltzene Muthharten casou cunha filla de Aleixo III, e outra filla do seu matrimonio casou con Kara Yülük Osman, fillo de María Comnena e Fakhr al-Din Kutlu Beg[25]. Tamén é posíbel que unha filla de Aleixo III casase co emir de Chalybia, Süleyman Haçi[28].
Aleixo III aplicou a mesma política de alianzas matrimoniais cos gobernantes cristiáns, co obxectivo de preservar as boas relacións e alianzas. A súa filla Ana casou co rei Bagrat V de Xeorxia en 1367[29]. O seu fillo Manuel III Comneno casou con Gulkhan, filla do rei David IX de Xeorxia[29].
A rivalidade entre os comerciantes venecianos e xenoveses, que ás veces daba lugar a enfrontamentos entre eles, foi unha das ameazas externas máis importantes para o Imperio, os dous rivais a miúdo movían as súas hostilidades aos territorios trapisondeses, así tamén representaban unha ameaza económica[30].
En 1364 Venecia mandou un embaixador ante Aleixo III esixindo a concesión dunha área para o seu barrio comercial, cunha crisobula emitida o mesmo ano, Aleixo outorgou o barrio entre a zona de «San Teodoro Gabras» e a costa, no leste dos suburbios de Trebisonda[31]. Este movemento foi un golpe para o próximo monopolio de Xénova no Mar Negro e trouxo unha reacción inmediata polos comerciantes xenoveses, que, nese momento, tiñan o seu barrio na zona comprendida entre Leonkastron e Kaneta[31]. Unha das reaccións máis violentas foi un conflito durante unha festa na praza principal da cidade[32]. En 1367, cunha segunda crisobula, Aleixo III concedeu aos venecianos novos privilexios comerciais e reducións de impostos, pero tamén lles permitiu estender o seu barrio na cidade de Trebisonda e construír o seu propio castelo[32]. Aleixo III, mesmo se comprometeu a cubrir os gastos para a construción dun recinto e unha torre[32]. Con todo, este castelo quedou inconcluso, xa que en 1368 Venecia non enviou os fondos necesarios para a súa realización[32].
Esta renovación das boas relacións entre o Imperio de Trebisonda e Venecia foron superficiais, xa que demostrou hostilidade entre os nativos e os venecianos, ela intensificou máis os esforzos por Aleixo III de impor a súa autoridade sobre os mercadores venecianos e unha posterior recuperación dos privilexios que lles dera coas crisobulas de 1364 e 1367[33]. Os venecianos foron gravados por novos impostos, resultante das débedas e as perdas financeiras, causadas pola competencia cos comerciantes locais[33]. En repetidas ocasións enviaron cartas ao emperador demandando unha compensación e en novembro de 1375 os venecianos organizaron unha campaña dirixida por Marco Giustiniani co obxectivo de destronalo[33]. Finalmente, a acción militar contra Aleixo III foi impedida en favor de negociacións pacíficas, onde os líderes da campaña esixiron unha compensación polas perdas dos venecianos e redución de impostos[33]. O novo tratado, asinado entre o emperador e os mercadores venecianos, tamén proporcionou que a débeda do emperador a Venecia sería reducida pola metade[33].
Aleixo III morreu o 20 de marzo de 1390, e foi sucedido polo seu fillo Manuel III.
Aleixo III foi o benefactor de moitas igrexas e mosteiros na rexión do Ponto e a Grecia continental. En 1362 restaurou e decorou con frescos a igrexa de San Focas, o katholikón do mosteiro de Kordyle, que el mesmo fundara[34]. Entre 1360 e 1365 restaurou o mosteiro de Sumela[35]. Tamén doou unha icona da Virxe María, no tipo iconográfico da rosa inmarcesíbel[34]. En 1365 emitiu unha crisobula doando terras ao mosteiro de San Xurxo Khuturas, mentres que en 1374 fundou o mosteiro de San Dionisio no Monte Athos[25][34]. O monxe Dionisio de Koryssos prestou apoio financeiro para a construción do mosteiro, en nome do emperador Aleixo III, xunto coa suma anual de 1.000 moedas de prata[34]. En 1376, Aleixo decorou con frescos o katholikón do mosteiro de Panagia Theoskepastos[34]. En 1378 construíu o mosteiro de San Laurentios en Pelion e en 1386 deu privilexios ao mosteiro de Vazelon cunha crisobula[25][35]. As representacións de Aleixo III adornan o katholikón do mosteiro de Sumela, o mosteiro de Santo Uxío e o adro da igrexa do mosteiro de Panagia Theoskepastos[34].
Durante o reinado de Aleixo III a escola de educación superior en Trebisonda prosperou, baixo o interese persoal e o beneficio do propio emperador[36]. Baixo Aleixo III, o Imperio de Trebisonda en xeral pasou por un período de prosperidade, en especial despois do final das loitas internas e a exitosa erradicación das ameazas externas.
Coa súa esposa Teodora Cantacucena, Aleixo III tivo seis fillos:
Aleixo III tivo polo menos un fillo ilexítimo, Andrónico. Estaba prometido ou casado con Gulkhan Khatun, unha filla de David IX de Xeorxia. Este fillo ilexítimo foi asasinado o 14 de marzo de 1376[40].
16. Manuel I de Trebisonda | ||||||||||||||||
8. Xoán II de Trebisonda | ||||||||||||||||
17. Irene Syrikaina | ||||||||||||||||
4. Aleixo II de Trebisonda | ||||||||||||||||
18. Miguel VIII Paleólogo | ||||||||||||||||
9. Eudoxia Paleóloga | ||||||||||||||||
19. Teodora Ducaina Vatatzina | ||||||||||||||||
2. Basilio de Trebisonda | ||||||||||||||||
10. Beka I Jaqeli | ||||||||||||||||
5. Djiadjak Jaqeli | ||||||||||||||||
1. Aleixo III de Trebisondonda | ||||||||||||||||
3. Irene de Trebisonda | ||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.