Aldaia
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Aldaia (en valenciano e oficialmente Aldaia) é un concello da Comunidade Valenciana. Situado na zona oeste da área metropolitana de Valencia, na provincia de Valencia. Ten 29.173 habitantes (INE 2008).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Horta Sud | ||||
Capital | Aldaia (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.376 (2023) (2.086 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 16 km² | ||||
Altitude | 50 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Guillermo Luján Valero | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46960 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46021 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46021 | ||||
Páxina web | aldaia.es | ||||
Pertencente á Horta Oest, a vila está situada na zona de contacto entre L'Horta de Valencia e a chaira de Quart, até os contrafortes da Serra Perenxisa. O termo é completamente chan. O clima é temperado. Cruza o termo a canle de rega de Manises, que trae auga do río Turia, distribuídas despois pola canle de rega chamada do Comuner d´Aldaia.
O termo municipal de Aldaia limita coas localidades de Alaquàs, Quart de Poblet, Xirivella, Xiva e Torrent, todas elas da provincia de Valencia.
A poboación de Aldaia atópase dividida pola liña férrea de Madrid-Valencia. O pobo está moi preto de Alaquàs, co que case forman un só núcleo urbano.
Dende a Cap i Casal, accédese a esta localidade por estrada a través da CV-409 e a CV-410. Ten estación de ferrocarril na liña Valencia a Madrid (por Cuenca).
Esta comarca estivo ocupada en época romana, como o testemuñan os restos atopados no Bovalar e na Punja.
Aldaia foi unha alquería musulmá (o seu nome significa aldea) que, trala reconquista, pasou a poder do Mosteiro de Sant Vicent de la Roqueta, dependente dos monxes beneditinos de Poblet; a parroquia dependeu de Quart de Poblet até o século XVI, en que foi declarada independente, continuando rexida polos monxes de Poblet ata o comezo do século XIX.
Consérvase a carta de poboación outorgada, xunto á de Quart, por privilexio do rei Afonso II de Valencia ao abade do mosteiro de Poblet, no ano 1334. Por este documento de poboación, o abade de Poblet e prior do mosteiro de San Vicent de la Roqueta, expulsou os musulmáns, que non habitaban o lugar ao tempo da conquista, e poboouno con cristiáns. En 1798 concedéuselle termo municipal.
Aldaia ten 29.173 habitantes (INE 2008).
Na zona de regadío cultívanse laranxeiras, hortalizas, algodón, tabaco, alfalfa etc. No secaño colléitase trigo, alfarrobeiras, oliveiras e vide.
A actividade industrial recibiu un grande impulso na segunda metade do século XX. No século XIX había xa varias fábricas de abanicos e xoguetes. Nos primeiros anos da segunda metade do século XX, Aldaia rexistrou unha forte corrente migratoria, aumentando a poboación nun 104 %.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.