aeroliña nacional da India From Wikipedia, the free encyclopedia
Air India é a aeroliña nacional da India.[1] Pertence a Air India Limited, unha empresa estatal, e opera unha frota de avións Airbus e Boeing que serve 90 destinos domésticos e internacionais. A compañía ten o seu centro de conexións no Aeroporto Internacional Indira Gandhi, en Nova Deli, xunto con varias cidades focais ao longo de todo o país. Air India é o maior operador internacional da India, cunha cota de mercado do 18,6%.[2] A compañía serve uns 60 destinos internacionais a catro continentes. Ademais, Air India é a terceira aeroliña doméstica do país en número de pasaxeiros transportados (tras IndiGo e Jet Airways), cunha cota de mercado do 13.5% en xullo de 2017. A aeroliña converteuse en membro da alianza Star Alliance o 11 de xullo de 2014.
Air India | ||
---|---|---|
IATA AI | OACI AIC | Indicativo AIRINDIA |
Fundación | 15 de outubro de 1932 (como Tata Airlines) | |
Inicio das operacións | 29 de xullo de 1946 | |
Plan de voo frecuente | Flying Returns | |
Alianza | Star Alliance | |
Frota | 116 | |
Destinos | 89 | |
Holding | Air India Limited | |
Eslogan da compañía | Air India... Truly Indian | |
Sede | ||
Páxina web: http://airindia.in/ |
A aeroliña fundouna J. R. D. Tata como Tata Airlines en 1932; o propio Tata pilotou o seu primeiro monomotor de Havilland Puss Moth transportando correo dende Karachi a Bombai e posteriormente ata Madras. Tras a segunda guerra mundial converteuse nunha compañía pública limitada e foi renomeada como Air India. O 21 de febreiro de 1960 recibiu o seu primeiro Boeing 707, bautizado como Gauri Shankar, converténdose na primeira aeroliña asiática en ter un reactor na súa frota.[3] En 2000–01 fixéronse intentos por privatizar a compañía, e dende 2006 en diante sufriu perdas tras a súa fusión con Indian Airlines.
En decembro de 2020 a frota principal de Air India estaba formada polos seguintes avións:[4][5]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
F | J | Y | Total | Refs | ||||
Airbus A319-100 | 22 | — | — | 8 | 114 | 122 | [6] | |
— | — | 144 | 144 | [7] | ||||
Airbus A320-200 | 10 | — | — | — | 168 | 168 | [8] | Van ser retirados. |
— | 12 | 138 | 150 | |||||
Airbus A320neo | 27 | — | — | 12 | 150 | 162 | [9] | Substitúen aos A320-200. VT-EXO pintado coa librea Star Alliance. |
Airbus A321-200 | 20 | — | — | 12 | 170 | 182 | [10] | |
Boeing 747-400 | 3 | — | 12 | 26 | 385 | 423 | [11] | Van ser retirado en 2021 e substituídos por Boeing 777-300ER. |
1 | Usado como Air India One | |||||||
Boeing 777-200LR | 3 | — | 8 | 35 | 195 | 238 | [12] | |
Boeing 777-300ER | 13 | — | 4 | 35 | 303 | 342 | [13] | VT-ALJ pintado coa librea Star Alliance Os máis novos substituirán aos 747-400. |
2 | Usados como Air India One | |||||||
Boeing 787-8 | 27 | — | — | 18 | 238 | 256 | [14] | VT-ANU pintado coa librea Star Alliance |
Total | 125 | — |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.