Air Astana

From Wikipedia, the free encyclopedia

Air Astana

Air Astana (en kazako: Эйр Астана) é a aeroliña nacional da República de Kazakhstán. Baseada en Almati,[1] opera voos regulares domésticos e internacionais a 64 destinos dende o seu principal centro de conexións, no aeroporto de Almati, e o seu centro de conexións secundario, no aeroporto de Astana. É unha empresa conxunta entre o fondo soberano kazakh Samruk-Kazyna (51%) e BAE Systems PLC (49%).[2] Foi incorporada en outubro de 2001 e iniciou as súas operacións comerciais o 15 de maio de 2002.

Datos rápidos Fundación, Inicio das operacións ...
Air Astana
Thumb
IATA
KC
OACI
KZR
Indicativo
ASTANALINE
Fundación29 de agosto de 2001
Inicio das operacións15 de maio de 2002
Plan de voo frecuenteNomad Club
Frota31
Destinos64
Eslogan da compañíaFrom the Heart of Eurasia
SedeAlmati, Kazakhstán
Páxina web: https://airastana.com
Pechar

Historia

Orixinalmente foi concivida como unha aeroliña puramente doméstica. BAE Systems accedeu a participar a mediados de 2001 na nova empresa a petición do presidente do país, Nursultan Nazarbayev, co obxectivo de facilitar o contrato para un radar aéreo que estaba negociando co goberno de Kazakhstán. Sir Richard Evans, o presidente de BAE Systems na época, foi clave para acadar no acordo. Porén, o contrato para o radar nunca se materializou, e os posteriores cambios na dirección e nas estratexias de BAE Systems levaron ao peche das súas oficinas en Kazakhstán. Ademais, a pesar do apoio de Nazarbayev e de varios conselleiros próximos, a empresa foi vista nun primeiro momento como unha entidade estranxeira atopando unha oposición inmediata por parte de moitos elementos dos medios e da clase política do país.

2002-2005

A pesar da falta de apoios, a aeroliña conseguiu saír adiante. Baixo o mandato do seu primeiro presidente, o antigo executivo de British Airways Lloyd Paxton, alugou os seus primeiros 3 Boeing 737 a International Lease Finance Corporation (ILFC) e comezou as súas operacións comerciais o 15 de maio de 2002. A finais de 2003 alugou avións Fokker 50 a Aircraft Finance Trading BV (AFT) e 3 Boeing 757 a Pegasus Leasing Corp. No seu primeiro ano de operacións declarou beneficios. Tras a bancarrota da anterior aeroliña de bandeira Air Kazakhstan en febreiro de 2004, moveuse rapidamente para expandir a súa rede doméstica cara rutas internacionais como Dubai, Istanbul, Moscova, Pequín, Frankfurt e Londres.

2005-presente

Os primeiros problemas co crecemento da aeroliña e desacordos sobre os plans da frota e a estratexia dos centros de conexión levaron a tensións entre os accionistas facendo que houbese un cambio na dirección en outono de 2005. Peter Foster, un antigo executivo de Cathay Pacific Airways que liderara o equipo de rehabilitación de Philippine Airlines en 1999 despois dunha tempada como CEO en Royal Brunei Airlines, foi nomeado presidente da aeroliña o 1 de outunro. Establecéronse plans de desenvolvemento a longo prazo e creáronse estruturas de xestión que permaneceron case sen cambios dende entón. A aeroliña vén sendo considerable rendible e foi listada entre as 20 con máis beneficios do mundo en termos de marxe neto nos anos 2010, 2011 e 2012 por Airline Business e Air Finance Journal.

Ata o 8 de decembro de 2016 Air Astana foi a única aeroliña kazakh con permiso para voar cara a Unión Europea.

Frota

Thumb
Air Astana Airbus A320-200
Thumb
Boeing 757-200 de Air Astana
Thumb
Boeing 767-300ER de Air Astana

En marzo de 2018 a frota de Air Astana estaba formada polos seguintes avións:[3]

Máis información Avión, En servizo ...
Air Astana Fleet
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Airbus A320-200 8 16 132 148
Airbus A320neo 1 5[4] 16 132 148 Entregas a partir de finais de 2016[5]
Airbus A321-200 4 28 151 179
Airbus A321neo 1 10[4] 28 151 179 Serán entregados a partir de 2017[5]
Boeing 757-200 5 16 150 166 Serán substituídos por Airbus A321neo a partir de 2019[5]
Boeing 767-300ER 3 31 193 223
Boeing 787-8 3
TBA
Serán entregados despois de 2021[6]
Embraer 190AR 9 9 88 97
Embraer 190-E2 5
TBA
Serán entregados a partir de 2018[7][8]
Total 31 23
Pechar

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.