From Wikipedia, the free encyclopedia
Ahuna Mons [1] é a montaña máis grande do planeta anano Ceres. Proxectase sobre un terreo de forma lisa, non é un accidente xeolóxico de impacto, e semella se-la única montaña do seu tipo en Ceres. Raias brillantes percorren de arriba a abaixo as súas ladeiras; pensase que esas trazas brillantes están compostas por sales, esa composición sería semellante á das machas brillantes de Ceres,[3] e probablemente son ó resultado da actividade criovolcánica do interior de Ceres.[4] Recibiu o seu nome en referencia ó festival da recollida da colleita do pobo Sumi Naga, no nordeste da India.[1]
Ahuna Mons | |
---|---|
A montaña vista dende a sonda espacial Dawn. O norte está cara a abaixo. | |
Descuberto por | grupo de traballo da Dawn no 2015 |
Tipo de accidente xeolóxico | Mons |
Accidente xeolóxico de | Ceres |
Coordenadas | 10,48° S 316,2° E[1] |
Diámetro | 20 km[1] |
Altitude | ~4 km [2] |
Procedencia do nome | Fai referencia ó festival da recollida da colleita do pobo Sumi Naga, no nordeste da India.[1] |
A montaña foi descuberta grazas ás imaxes captadas pola Dawn en órbita en torno a Ceres, no 2015.[5] Estímase que ten unha altura media de preto de 4 km e unha altura máxima de preto de 5 km, visto dende a ladeira máis longa; ten uns 20 km de ancho na base.[2]
Tense proposto que Ahuna Mons se formou coma un cumio criovolcánico.[6][7] Sería pois, o criovolcán máis preto do sol, descuberto até o de agora no Sistema Solar.[8] Está máis ou menos nas antípodas da maior conca de impacto de Ceres, que é o cráter Kerwan, con 280 km de ancho. A enerxía sísmica do impacto que formou o cráter Kerwan púidose enfocar no lado oposto de Ceres, fracturando as capas exteriores da zona e facilitando así o movemento do magma criovolcánico de alta viscosidade (que consistiría en xeo de auga enlamado e abrandado polo seu contido en sales) que estaba sendo empurrado cara a superficie do planeta anano. O reconto de cráteres suxire que a formación da montaña continuou nos últimos varios centos de millóns de anos, facendo desta unha característica xeolóxica relativamente nova.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.