gobernante de Palenque From Wikipedia, the free encyclopedia
Ahkal Mo' Nahb' II ou Ahku'l Mo' Naab' II, nado o 3 de setembro de 523 e finado o 21 de xullo de 570, foi un ahau do señorío de B'aakal, cuxa cidade capital era Lakam Ha', hoxe coñecida como a zona arqueolóxica maia de Palenque. É tamén referido como Chaacal II ou Akul Anab II.[1] A tradución ou interpretación do seu nome foi proposta como Lago da Tartaruga Guacamaia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de setembro de 523 (Gregoriano) |
Morte | 23 de xullo de 570 (Gregoriano) (46 anos) |
6º Ajaw de Palenque | |
2 de maio de 565 – 21 de xullo de 570 ← K'an Joy Chitam I – Kan Bahlam I → | |
Datos persoais | |
Residencia | Palenque |
Relixión | Religião Maia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Irmáns | Kan Bahlam I |
Foi neto de Ahkal Mo' Nahb I, e nalgunhas inscricións é chamado así: ou mam Ahkal Mo' Nahb (o neto de Ahkal Mo' Naab'). De acordo á conta longa do calendario maia naceu o 9.4.9.0.4 7 k'an 17 mol, é dicir, o 3 de setembro do ano 523. Ascendeu ó poder cinco días despois da morte do seu antecesor, o 9.6.11.5.1 1 imix 4 zip, é dicir, o 2 de maio de 565.[2]
Os datos da súa vida están escritos no taboleiro do Templo da Cruz e no sarcófago de Pakal “o Grande”. Só gobernou cinco anos, morreu o 9.6.16.10.7 9 manik 5 yaxkin, é dicir, o 21 de xullo de 570. Foi sucedido por Kan Bahlam I, quen moi probablemente era o seu irmán.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.