Agrón, Ames
parroquia civil do concello de Ames From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Ames From Wikipedia, the free encyclopedia
San Lourenzo de Agrón[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago, cunha superficie de 7,24 km². Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 380 habitantes (180 homes e 200 mulleres), 145 menos ca en 1999. Ten quince entidades de poboación.
Agrón | |
---|---|
Segundo cuartel. | |
Concello | Ames[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°53′15″N 8°42′31″O |
Área | 7,24 km² |
Poboación | 380 hab. (2018) |
Densidade | 52,49 hab./km² |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O topónimo Agrón non ten unha orixe clara.[2] Martínez Lema propuxo a procedencia prerromana de okr + one[3], de significado pouco claro, que viría reforzada pola recorrencia das formas Ogrom, Ogron e Ogrone no tombo de Toxos Outos. Porén, xa na Idade Media (1390) aparece citado como Agrõ, o que levaría probablemente a unha resegmentación ao interpretar ese a- inicial como artigo, e despois unha remasculinización a formas do século XVI como San Lorenço de Gron, San Lorenço d’Ogron, Sant Lorenço do Gron ou en o Gron.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.