Age of Empires III
videoxogo de 2005 From Wikipedia, the free encyclopedia
Age of Empires III é un videoxogo de estratexia en tempo real desenvolvido por Ensemble Studios, de Microsoft Corporation, e distribuído por Microsoft Game Studios. Foi deseñado por Bruce Shelley.[1] A versión Mac foi adaptada e distribuída por Destineer de MacSoft. A versión de PC foi estreada o 18 de outubro de 2005 en América do Norte, e o 4 de novembro de 2005 en Europa, mentres que a versión Mac foi estreada o 21 de novembro de 2006 en América do Norte e o 29 de setembro de 2006 en Europa. A versión de N-Gage foi desenvolvida por Glu Mobile e foi estreada o 28 de abril de 2009.[2][3][4] É o terceiro xogo da serie Age of Empires e a secuela de Age of Empires II: The Age of Kings.
- Para a serie de videoxogos, vexa Age of Empires.
O xogo recrea a colonización europea de América, entre os anos 1492 e 1876. Hai catorce civilizacións dispoñibles no xogo. Age of Empires III supuxo numerosas innovacións na serie, en particular coa achega da "Home City", que mestura estratexia en tempo real e xogo de rol. Tivo dúas expansións: a primeira, Age of Empires III: The WarChiefs, foi estreada o 17 de outubro de 2006 e introduciu tres civilizacións nativas americanas; a segunda, Age of Empires III: The Asian Dynasties, foi estreada o 23 de outubro de 2007, e inclúe tres civilizacións asiáticas.
Age of Empires III vendeu máis de 2 millóns de copias até maio de 2008. Ademais, recibiu críticas favorables e numerosos premios incluíndo "Best RTS game of 2005" de GameSpy. Foi un dos xogos máis vendidos do ano 2005.[5] En 2007, Age of Empires III foi o sétimo videoxogo mellor vendido, con máis de 313 000 copias vendidas ese ano.[6]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.