Aeroporto Internacional de Auckland
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Aeroporto Internacional de Auckland é o aeroporto internacional máis grande e importante de Nova Zelandia, servindo a máis de 12 millóns de pasaxeiros por ano, e espérase que esta cantidade se duplique nos próximos 15 anos. Atópase en Mangere, un suburbio ao oeste de Manukau City, e está a 21 km cara ao sur do centro de Auckland. É a base de operacións principal da compañía neozelandesa Air New Zealand.
Aeroporto de Auckland Auckland Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Propietario | Auckland Internacional Airport Limited | ||
Cidade/Illa | Auckland | ||
Elevación (msnm) | 7 metros / 23 pés | ||
Coordenadas | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
pés | metros | ||
05R/23L | 11,926 | 3,635 | Cemento |
05L/23R | 10,197 | 3,108 | Asfalto |
Estatísticas (2013) | |||
Operacións Aéreas | 155,807 | ||
Pasaxeiros | 14,829,393 | ||
O Aeroporto Internacional de Auckland é unha das obras máis importantes de infraestrutura de Nova Zelandia, provendo miles de postos de traballo para a rexión. É ademais o segundo "porto" de cargas do país por valor, contribuíndo con preto de 14 $billóns á economía.
En termos de total de pasaxeiros, é o cuarto máis grande en Australasia, por detrás do Aeroporto Internacional Kingsford Smith (Sydney), do Aeroporto de Melbourne e do Aeroporto de Brisbane.
O aeroporto cobra unha taxa para a mellora do Aeroporto.
O terreo do aeroporto foi utilizado como como pista polo Auckland Aero Club. En 1928 o club arrendar parte do terreo dun granxeiro para acomodar os tres De Havilland Gypsy Moth. O presidente do club notou no seu momento que o lugar tiña moitas vantaxes de vital importancia para un aeródromo e pista de adestramento. Tiña bos accesos, con bo drenaxe e está libre de cables de alta tensión, edificios e néboa.
En 1960 iniciáronse as obras para transformar o lugar no aeroporto principal de Auckland, desprazando a Whenuapai, no noroeste da cidade. A maior parte da pista está sobre terra gañada ao mar no Porto de Manukau. O primeiro voo realizouno un DC-8 de Air New Zealand en novembro de 1965, engalando cara a Sydney. O aeroporto foi oficialmente inaugurado ao seguinte ano, cun grande espectáculo ao aire libre durante a semana do Aniversario de Auckland, do 29 ao 31 de xaneiro de 1966.
Unha nova terminal internacional, nomeada en homenaxe a Jean Batten, foi construída en 1977. A máis recente reforma significativa realizouse no 2005, separando aos pasaxeiros que chegaban e partían do aeroporto.
Actualmente, no aeroporto estase levando a cabo unha serie de importantes proxectos de construción, os cales mostrarán importantes cambios, incluíndo unha segunda pista apropiada (xa que a existente utilízase como pista de rodaxe principal, e a súa utilización limítase a urxencias ou cando se realizan traballos de mantemento na pista principal.
Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Air Chathams | Chatham Islands, Whakatāne, Whanganui[1][2] |
Air China | Pequín-Capital |
Air New Zealand | Adelaida, Apia-Faleolo, Brisbane, Buenos Aires-Ezeiza, Aeroporto de ChristchurchChristchurch, Dunedin, Gold Coast, Hong Kong, Honolulu, Houston-Intercontinental,[3] Londres-Heathrow, Os Ánxeles, Melbourne, Nadi, Niue, Nouméa, Nuku'alofa, Papeete, Perth, Queenstown, Rarotonga, San Francisco, Shanghai-Pudong, Singapur, Sydney, Toquio-Haneda,[4] Toquio-Narita, Vancouver, Wellington Estacional: Cairns, Denpasar, Cidade Ho Chi Minh,[5] Osaca,[6] Sunshine Coast |
Air New Zealand Link operado por Air Nelson | Blenheim, Gisborne, Kapiti Coast, Kerikeri, Nelson, New Plymouth, Palmerston North, Rotorua, Taupo, Tauranga, Whangarei |
Air New Zealand Link operado por Mount Cook Airline | Napier, Nelson, New Plymouth, Palmerston North, Tauranga |
Air Tahiti Nui | Os Ánxeles, Papeete |
Air Vanuatu | Port Vila |
AirAsia X | Gold Coast, Kuala Lumpur-Internacional |
Aircalin | Nouméa |
American Airlines | Estacional: Os Ánxeles[7] |
Barrier Air | Claris, Kaitaia, Okiwi, Whangarei, Whitianga |
Cathay Pacific | Hong Kong |
China Airlines | Brisbane, Taipei-Taoyuan |
China Eastern Airlines | Shanghai-Pudong |
China Southern Airlines | Cantón |
Emirates | Brisbane (remata en marzo de 2018),[8] Dubai-Internacional, Melbourne (remata en marzo de 2018)[8] |
Fiji Airways | Nadi, Suva |
Fly My Sky | Claris, Okiwi |
Hainan Airlines | Shenzhen, Xi'an[9] |
Hawaiian Airlines | Honolulu |
Hong Kong Airlines | Hong Kong[10] |
Jetstar Airways | Aeroporto de ChristchurchChristchurch, Dunedin, Gold Coast, Melbourne, Queenstown, Rarotonga,[11] Sydney, Wellington |
Jetstar Airways operado por Eastern Australia Airlines[12] | Napier, Nelson, New Plymouth, Palmerston North[13] |
Korean Air | Seul-Incheon |
LATAM Chile | Santiago de Chile, Sydney |
Malaysia Airlines | Kuala Lumpur-Internacional |
Norfolk Island Airlines operado por Nauru Airlines | Brisbane, Illa Norfolk (rematan en xaneiro de 2018)[14][15] |
Philippine Airlines | Cairns (remata en decembro de 2017),[16] Manila |
Qantas | Brisbane (comeza en marzo de 2018),[8] Melbourne, Sydney Estacional: Perth |
Qantas operado por Jetconnect | Brisbane, Melbourne, Sydney |
Qatar Airways | Doha[17] |
Samoa Airways | Apia-Faleolo[18] |
Sichuan Airlines | Chengdu[19] |
Singapore Airlines | Singapur |
Tauck Tours operado por Alliance Airlines[20] | Chárter: Queenstown, Rotorua, Te Anau, Wellington[21] |
Thai Airways | Bangkok-Suvarnabhumi |
Tianjin Airlines | Chongqing, Tianjin[22] |
United Airlines | Estacional: San Francisco[23] |
Virgin Australia | Apia-Faleolo,[24] Brisbane, Gold Coast, Melbourne, Nuku'alofa, Rarotonga, Sydney |
Virgin Samoa | Apia-Faleolo (remata en decembro de 2017)[25] |
Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
DHL Aviation operado por Tasman Cargo Airlines | Nouméa, Sydney |
FedEx Express | Cantón, Honolulu, Os Ánxeles, Sydney |
Parcelair operado por Airwork | Aeroporto de ChristchurchChristchurch, Palmerston North |
Qantas Freight operado por Atlas Air | Chicago–O'Hare, Honolulu, Os Ánxeles, Sydney |
Qantas Freight operado por Express Freighters Australia | Cairns, Aeroporto de ChristchurchChristchurch, Sydney |
Singapore Airlines Cargo | Melbourne, Singapur, Sydney |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.