From Wikipedia, the free encyclopedia
Aerodramus ocistus é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que comprende as salanganas),[1] unha das vinte e seis integradas hoxe no xénero Aerodramus, endémica das illas Marquesas, na Polinesia Francesa.[2]
Aerodramus ocistus Salangana das Marquesas | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Aerodramus ocistus (Oberholser, 1906) | |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
A especie foi descrita en 1906 polo ornitólogo estadounidense Harry Church Oberholser,[3][4] co nome de Collocalia ocista,[5][6] en Proceedings of the Academy of Natural Sciences of Philadelphia 58: 179-184.[6][4]
Inicialmene clasificada dentro do xénero Collocalia, descrito en 1840 por George Robert Gray e, máis tarde, en Aerodramus, que describira Oberholser en 1906.
Para a do xénero, ver Aerodramus.
O epíteto específico, ocistus, está tirado do grego antigo ὠκύστος, ōkýstos, superlativo de ὠκύς, ōkýs, "rápido", "veloz",[7] aludindo á rapidez do voo desta salangana.
Ademais de polo nome válido actual, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[6]
Na maioría dos idiomas a especie coñécese vulgarmente como salangana das Marquesas.
Na actualidade recoñécense nesta especie, as dúas subespecies seguintes:[3][5]
Esta especie, como quedou dito, é un endemismo das illas Marquesas.
O seu hábitat natural son os bosques tropicais e subtropicais húmidos de monte raso, onde se alimentan de insectos que apañan en voo, como é habitual nas salanganas. E, como todas elas, descansan e aniñan en covas.
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais avalía o status da especie como LC (pouco preocupante).[Cómpre referencia]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.