Augusta Ada King-Noel, Condesa de Lovelace, nada como Augusta Ada Byron en Londres o 10 de decembro de 1815 e finada na mesma cidade o 27 de novembro de 1852, foi unha matemática e escritora británica coñecida principalmente por ser a primeira programadora do mundo.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Modelo:BiografíaA Moi Honorábel Editar o valor en Wikidata
Ada Lovelace

(1840) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Augusta Ada King, Countess of Lovelace Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en-gb) Augusta Ada Byron Editar o valor en Wikidata
10 de decembro de 1815 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 1852 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Marylebone (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de útero Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of St. Mary Magdalene, Hucknall (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas e Informática Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemática, inventora, tradutora, escritora, informática teórica, programadora, poetisa, enxeñeira Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMary Somerville, Augustus De Morgan e William Frend (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioA. A. L. Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCondesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeWilliam King-Noel, 1st Earl of Lovelace (1835–1852) Editar o valor en Wikidata
FillosByron King-Noel, Viscount Ockham, Anne Blunt, Ralph King-Milbanke, 2nd Earl of Lovelace Editar o valor en Wikidata
PaisLord Byron Editar o valor en Wikidata  e Lady Byron Editar o valor en Wikidata
IrmánsAllegra Byron
Elizabeth Medora Leigh Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteForgotten Women: The Scientists (en) Traducir, (p.198-201)
Obálky knih,
Pioneers of Science and Technology (en) Traducir, (p.13-16) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4907321 WikiTree: Byron-136 Find a Grave: 6145300 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Durante a súa ceda madurez, o seu talento matemático conduciuna a unha relación de amizade prolongada co matemático inglés Charles Babbage. Entre 1842 e 1843, traduciu un artigo do enxeñeiro militar italiano Luigi Menabrea sobre a máquina analítica, que complementou cun artigo repleto de notas propias. Estas notas conteñen o que se considera o primeiro programa de computador da historia, sendo o primeiro algoritmo codificado deseñado para que unha máquina o procese. Tamén pensou que os ordenadores tiñan máis capacidade aló do que outros vían, incluíndo neles o propio creador da máquina.

Ela referíase a si mesma como unha científica, poetisa, analista e metafísica.

Biografía

Lovelace naceu como a filla única e lexítima do poeta George Gordon Byron, Lord Byron, e a súa esposa a baronesa Anne Isabella Byron.[1] Todos os outros fillos de Lord Byron foron nados fóra do matrimonio. Byron deixou a súa esposa un mes despois e abandonou Inglaterra definitivamente, falecendo por enfermidade durante a guerra de independencia de Grecia, deixando así orfa de pai a pequena Ada con oito anos de idade.

A nai de Ada promoveu o interese de Ada nas matemáticas e a lóxica.[2] Cando tiña 13 anos súa nai, que tamén estudara matemáticas de nena, asignoulle o que fora o seu propio titor o doutor William Frend e o doutor William King como profesores de ciencias básicas e matemáticas. A saúde de Ada era feble, chegando a interromperse o ritmo dos estudos ao longo de case tres anos a raíz dun sarampelo. A partir dos dezasete a súa saúde mellorou, podendo ser presentada oficialmente na sociedade londiniense da época. Foi durante un destes eventos, o 5 de xuño de 1833[3], cando coñeceu a Charles Babbage.[4] A raíz deste encontro Babbage invitouna a ela e máis a súa nai a presentación do prototipo da súa máquina diferencial.[3]

Thumb
Retrato de Ada Lovelace de pequena conservado no Somerville College (Oxford)

O 8 de xullo do 1835 Ada casou con Lord William King, 8º barón de King, converténdose na baronesa de King. A súa residencia pasou a ser unha gran propiedade en Ockham Park, xunto con outra no fiorde de Torridon e unha máis en Londres. Pasou a súa lúa de mel na Mansión Worthy, situada en Ashley Combe, preto de Porlock Weir, Somerset. Posteriormente esa casa converteríase na súa casa de retiro de verán. En 1837, o seu home foi gratificado cun título nobiliario pola raíña Vitoria, converténdose Ada deste xeito na condesa de Lovelace.[3]

O matrimonio tivo tres fillos, dous homes e unha muller. A vida de Ada estivo chea de sucesos dramáticos, polémicos e controvertidos; no 1841 a súa nai chegou a contarlle ás súas fillas que o seu pai era o pai de Ada, o cal era falso. A nai de Ada tiña un rancor reservado a Lord Byron e sempre que tiña ocasión aproveitaba para difamar a súa imaxe.[Cómpre referencia]

Nesa mesma década, Ada protagonizou algúns escándalos debidos, en primeiro lugar, ás súas afectuosas relacións con outros homes, as cales desembocaron nunha serie de rumores sobre aventuras amorosas; no segundo lugar a súa paixón polo xogo, grazas á cal conformou no ano 1851 un grupo coa ambiciosa intención de crear un modelo matemático que lles axudase a gañar grandes apostas. O intento foi un estrepitoso fracaso, xerándolle a Ada miles de libras de débeda e provocando que un dos membros do grupo a chantaxease con informar ao seu marido. Finalmente, Ada viuse obrigada a confesarllo.[Cómpre referencia]

Mantivo ademais unha relación secreta e posiblemente ilícita co fillo de Andrew Crosse, John, da que se coñece pouco xa que o propio pai queimou toda a correspondencia que tiveron entre eles trala morte de Ada. Aínda así, esta relación foi o suficientemente forte para que Ada lle deixase en herdanza as únicas reliquias familiares que o seu pai lle deixara a ela. Durante a enfermidade que finalmente a matou no 1852, Ada sentíase moi angustiada por mor de que John, o seu amante, a visitara.[Cómpre referencia]

Máquina analítica de Charles Babbage

Ada Lovelace é principalmente lembrada por escribir unha descrición da antiga máquina analítica de Charles Babbage que nunca chegou a construírse, e por desenvolver instrucións para facer cálculos nunha versión inicial da computadora. En 1843 fixo a suxestión da adaptación das tarxetas perforadas á programación. Ada soubo apreciar as ideas de Babbage, e en particular o concepto dunha máquina universal. E o que é máis importante, preveu un atributo que podería facer que potencialmente podería procesar non só números, senón tamén calquera notación simbólica, incluída a notación musical e outras notacións artísticas.

Thumb
Carta de Ada Lovelace a Charles Babbage onde propón un exemplo de cálculo automatizado.

En 1843, Ada Lovelace traduciu ao inglés un artigo sobre a máquina analítica de Babbage de Luigi Menabrea (enxeñeiro militar italiano que máis tarde chegaría a primeiro ministro de Italia) para a revista científica Scientific Memoirs. Cando llo comunicou a Babbage, este sorprendeuse de que ela mesma non tivera escrito o artigo orixinal, ao que ela replicou que nin se lle pasara pola cabeza (por aquela época as mulleres no adoitaban publicar artigos científicos). Babbage suxeriulle entón que agregase unhas notas ao artigo. Nestas "notas de tradutora"[5], que só firmou coas súas iniciais por medo a ser censurada polo feito de ser muller, descríbense as súas tres maiores achegas:

  1. A explicación da esencia dos ordenadores modernos. Explica Ada: Porén os límites da aritmética víronse superados no momento no que xurdiu a idea de aplicar tarxetas e a máquina analítica non ten nada en común coas meras "máquinas de calcular". Ocupa plenamente un lugar de seu.(...) Ao permitir a un mecanismo combinar símbolos xerais, en sucesións de variedade e alcance ilimitados, establécese un vínculo de unión entre as operacións da materia e os procesos mentais abstractos da rama máis abstracta das matemáticas.[6]
  2. A xeneralización das operacións que pode realizar a máquina analítica. Baseándose na extensión de De Morgan da álxebra dunha lóxica formal sinalou que a máquina analítica podería procesar e executar calquera cosa que se puidese expresar con símbolos: palabras, lóxica, música...[Cómpre referencia]
  3. O funcionamento dun programa ou algoritmo informático. Intentando explicar como a máquina analítica podería calcular números de Bernouilli (unha serie infinita moi complexa) introduciu os conceptos de subrutina (secuencia de instrucións que realizan unha tarefa específica e que poden posteriormente introducirse nun programa máis amplo) e de bloque recursivo (secuencia de operacións que se repite).[7]
    Thumb
    Carta de Ada Lovelace a De Morgan, sobre cálculo diferencial

Nas súas notas, di que a "máquina analítica" só podía dar información dispoñíbel que xa era coñecida: viu claramente que non podía orixinar coñecemento[6]. O seu traballo perdeuse no esquecemento por moitos anos, atribuíndolle única e exclusivamente o papel de transcritora das notas de Babbage ou incluso dubidando da propia autoría das mesmas. O propio Babbage declarou na súa autobiografía que Ada escribira as notas a partir do material que el lle entregara e que mesmo lle corrixiu un erro matemático[8]. Porén, investigacións posteriores mostran a orixinalidade do seu punto de vista sobre as instrucións necesarias para acadar o funcionamento desta máquina.

Na actualidade recoñécese a Ada Byron como a primeira persoa en describir unha linguaxe de programación de carácter xeral interpretando as ideas de Babbage, pero recoñecéndolle a plena autoría e orixinalidade das súas achegas. Por iso, Ada Byron está considerada a nai da programación informática e desenvolveu a programación analítica.

Ada Byron chamouse a si mesma analista, un concepto realmente moderno para a época.

Morte

Ada Lovelace morreu o 27 de novembro do 1852 aos trinta e seis anos a causa dun cancro uterino probablemente complicado polas sangrías realizadas polos seus médicos. A enfermidade durou varios meses, durante os cales a súa nai tomou o control respecto ás súas citas médicas e persoais. A súa nai fixo que deixase de ser materialista e adoptase ideas relixiosas que a levaron a arrepentirse da súa vida anterior.

Foi soterrada por petición propia ao carón do seu pai, no cemiterio da igrexa de Santa María Magdalena, en Hucknall, Nottingham.[9]

Recoñecementos

Durante a vida de Ada poucos dos seus feitos foron apreciados e só se lle deron a importancia merecida anos despois da súa morte. Non foi até o século XX cando se aproveitaron para os avances da informática.

Moitas foron as mulleres que realizaron grandes tarefas para a informática, mais aínda así Ada Lovelace é a única muller que conta cunha linguaxe de programación que leva o seu propio nome, Ada.

No ano 2001, o autor estadounidense de ciencia ficción Michael F. Flynn publicou a novela In the Country of the Blind, ucronía na que se especula sobre as consecuencias de que se construíra a máquina analítica co programa de Ada.

O seu rostro foi marca de autenticidade nos certificados de licenza do sistema Windows.

En 1997 estreouse o filme sobre a súa vida Conceiving Ada.

No ano 2009, a escritora e tecnóloga social Suw Charman-Anderson fundou o día internacional de Ada Lovelace.[10] Este día celébrase como forma de visualizar os logros das mulleres en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM) e co obxectivo de inspirar novas vocacións tecno-científicas entre as nenas e rapazas[11]. A convocatoria está fixada anualmente no segundo martes de outubro. A Comisión Europea fixo coincidir esta data coa da programación da EU Code Week, a Semana Europea da Programación.[11]

A Ada Initiative foi unha iniciativa sen ánimo de lucro que tivo como obxectivo incrementar o número de mulleres na cultura e tecnoloxía abertas.[12] Foi fundada por Mary Gardiner e Valerie Aurora en 2011 e pechou en outubro de 2015.[13]

A empresaria e pioneira do movemento Maker, Limor Fried, alias Ladyada, rendeu homenaxe a Ada Lovelace[14] no nome da súa compañía Adafruit Industries

Ada´s Poetry Generator é unha aplicación para aprender a programar en Scratch inspirado na vida e logros de Ada Lovelace.[11]

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concede, dende 2012, o Premio Ada Byron.[15][16][17] O mesmo nome recibe o premio que otorga a facultade de enxeñaría da Universidade de Deusto, o Premio Ada Byron á muller tecnóloga[18].

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.