From Wikipedia, the free encyclopedia
O Acerodon jubatus é un raro morcego megaquiróptero da familia Pteropodidae. É o morcego de maior tamaño coñecido no mundo. Esta especie atópase ameazada e está catalogada actualmente como en perigo de extinción,[1] debido á súa caza intensiva para obter a súa carne e ao furtivismo. Son endémicos de Filipinas, onde viven en covas e árbores das selvas de Maitum, provincia de Sarangani.
Raposo voador | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Acerodon jubatus' (Eschscholtz, 1831) |
Os megaquirópteros reciben xeralmente o nome de morcegos da froita ou tamén «raposos voadores» por mor da súa semellanza facial cos raposos. O raposo voador filipino é un bo exemplo deste parecido. Carecen de cola, teñen un longo fociño puntiagudo comparado co dos microquirópteros e pequenas orellas que lles dan o aspecto dun raposo con ás. Ten uns grandes ollos e, como os demais megaquirópteros, carecen de ecolocación.
Están considerados como os maiores morcegos do mundo, cunha envergadura media de 1,5 m e un peso de até 1,2 kg (aínda que o Pteropus vampyrus ten unha maior envergadura). Os machos son maiores e máis pesados cás femias.[2]
O raposo voador filipino está confinado ás selvas tropicais de Filipinas. Pódense atopar en moitas zonas diferentes destas selvas, dende o nivel do mar até os bosques montañosos. Prefiren as áreas deshabitadas, como demostra un estudo de 2005 que non atopou ningún exemplar en áreas habitadas.[3] O mesmo estudo tamén revelou que estes morcegos usan máis o río como eixo fluvial do que inicialmente se cría, porque as figueiras localizadas preto de ríos son a súa principal fonte de alimento; á súa vez comprobouse que lles gusta estar preto de campos agrícolas, pero só en áreas forestais tranquilas. Noutro estudo móstrase que é unha especie forestal obrigada, e que permanece na selva a maior parte do tempo, polo que para a súa conservación é necesario preservar as áreas boscosas. A intervención humana no hábitat forestal e de terras baixas deste morcego é o factor principal da súa inclusión na lista de especies en perigo.[4]
A. Jubatus é fundamentalmente nocturno, e pode viaxar máis de 40 quilómetros nunha soa noite buscando comida. É un importante polinizador e dispersor de sementes para moitas árbores froiteiras de Filipinas.
Unha característica curiosa desta especie é que se cre que unha das razóns polas que vive preto da auga é porque a usa para asearse; cando voan sobre a auga poden descender e recollela coas súas ás, e posteriormente utilizala para peitearse e limparse. Pola súa banda este aseo tamén pode axudarlles a ficar limpos e menos perceptibles para os seus depredadores.[3]
O seu principal alimento son catro especies de figos, aínda que tamén come outras froitas se estes non están dispoñibles. Reportouse que comen a froita cultivada, pero isto é realmente raro ou moi pouco común. Son moi importantes para as selvas tropicais de Filipinas, coñecido como «o sementador silencioso», a miúdo deixan caer sementes durante o voo ou os liberan nos seus descensos. Isto axuda ao bosque a rexenerarse e sen este morcego a selva tropical na que habita veríase seriamente afectada sen este gran distribuidor de sementes, causando un importante impacto no seu desenvolvemento e conservación.[4][5]
Sábese pouco sobre a súa reprodución. Parecen ter dúas tempadas criadoras, pero as femias só quedan preñadas durante unha delas. Xeralmente dan a luz a unha soa cría. As femias acadan a madurez sexual aos dous anos. Non se dispón de información sobre a súa lonxevidade.[2]
Cando os morcegos fruxívoros eran moito máis comúns en Filipinas, A. jubatus formaba grandes colonias con outros grandes raposos voadores, como o gran Pteropus vampyrus, e reportáronse colonias de máis de 150 000 individuos.[6] Este comportamento, que os fixo tan doados a cazar, axudábaos a manterse quentes e máis a salvo de potenciais depredadores.[7]
O raposo voador filipino atópase en perigo pola deforestación e desapareceu completamente de moitas illas pequenas e algunhas illas máis grandes, como Cebú por mor desta causa. Tamén os cazan comercialmente pola súa carne nalgunhas áreas. A administración municipal de Maitum (Sarangani) en Filipinas organizou unha campaña para salvar esta rara especie da extinción.
En Filipinas e en todo o mundo sábese pouco sobre esta especie o que a fai máis difícil de administrar, pero á vista da forte diminución do seu número moitas organizacións ecoloxistas e axencias gobernamentais tentan frear a súa decadencia e tentan a súa recuperación nas rexións silvestres de Filipinas. A rexión filipina de maila Súbic e súa baía é sede de varias investigacións sobre a especie, e conta cunha área de protección de máis de 5000 ha xestionada por particulares que desexan conservar a especie.
Algunhas axencias conservacionistas promoven a recuperación desta especie, como Bat Conservation International, Wildlife Conservation Society, Fondo Mundial para a Natureza e outras. Estas axencias promoven a conservación de varias formas, como o financiamento de investigacións e proxectos educativos na zona e por todo o mundo.[3]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) puxo en marcha un programa de cría en catividade.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.