Accidente do Tu-154 da Forza Aérea de Polonia
accidente de aviación en Smolensk (Rusia) en 2010 From Wikipedia, the free encyclopedia
accidente de aviación en Smolensk (Rusia) en 2010 From Wikipedia, the free encyclopedia
O 10 de abril de 2010, un Tupolev Tu-154 do 36o Rexemento de Aviación Especial que levaba ao Presidente de Polonia Lech Kaczynski estrelouse no aeroporto de Smolensk preto de Pechersk próximo a Smolensk, Rusia, sen rexistrarse superviventes.
Accidente da Forza Aérea Polaco Tu-154 | |
---|---|
Avión PL Tu-154M . | |
Resumo | |
Data | 10 de abril de 2010 |
Causa | Accidente |
Lugar | Suvorova Street, Severny[1] |
Coordenadas | |
Orixe | Varsovia |
Destino | Smolensk |
Finados | Todos os pasaxeiros e a tripulación |
Feridos | 0 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Tupolev Tu-154 |
Superviventes | 0 |
Ás 10:56 tempo de Moscova, (06:56 UTC),[2] un Tupolev Tu-154, levando o presidente polaco, Lech Kaczynski estrelouse preto de Smolensk, Rusia. O presidente Kaczynski ía á conmemoración do 70 aniversario do masacre de Katyń[2]. Ningunha das persoas que viaxaban no avión sobreviviu ao accidente.[3] [4] [5][6]
O accidente suscitouse a 1,5 km do aeroporto debido ás condicións de néboa que había na zona.[7] O gobernador do óblast de Smolensk, Sergei Antufiev, confirmou para a canle de noticias Russia 24, que non había sobreviventes no accidente. Informou que o avión golpeara coas copas dos árbores, golpeou o chan e caeu roto en pedazos. A bordo tamén se atopaba o gobernador do Banco Nacional de Polonia, Sławomir Skrzypek, o xefe do exército polaco Franciszek Gągor e o Viceministro de Relacións Exteriores Andrzej Kremer[8].
De acordo co manifesto do voo a bordo atopábanse entre outros:
Logo do accidente abrironse diversas investigacións tanto por parte das autoridades rusas como polacas para esclarecer as causas do accidente. O informe do Comité de Investigación presidido por Jerzy Miller, Ministro do Interior e da Administración presentouse o 29 de xullo de 2011.[11]Dentro das causas que levaron ao fatal accidente o informe sinalaba as adversas condicións climatolóxicas e os erros cometidos tanto polo controlador aéreo ruso como pola tripulación do avión.[12]
En 2012 realizaronse algunhas exhumacións a instancia das familias, nas que se constataron deficiencias na investigación, concretamente na xestión dos restos mortais.[13]
En 2015 reabriuse unha nova investigación que implicou a exhumación dos restos mortais daquelas vítimas que non foran cremados. En novembro de 2016 comezaron as labores de exhumación dos restos de 83 vítimas. Esta decisión foi moi polémica debido á oposición das familias de 17 vítimas e parte da sociedade polaca.[14]. Dúas viúvas conseguiron que Polonia fora condenada polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos por vulnerar os dereitos das familias das vítimas[15][16]
Un estudo de 2017 sinalaba a distintas incongruencias na investigación levado a cabo en 2010 e, en base as probas dispoñibles naquel momento, recomendaba un novo estudo máis exhaustivo.[17]
Como resultado da apertura da nova investigación iniciada en 2015, declararonse nulas as conclusións da investigación aberta en 2010. Concluíuse que o avión se incendiara no ar debido a unha primeira explosión na á esquerda do Tupolev 154, seguida dunha segunda explosión no casco do aparato.[3][18][19]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.