Remove ads
cidade de Rusia From Wikipedia, the free encyclopedia
Smolensk (transliterado do ruso: Смоленск, [smɐˈlʲensk] (AFI), escoitar) é unha cidade de Rusia occidental, localizada xunto ao Río Dniéper, e é a capital administrativa do óblast de Smolensk. A súa poboación en 2003 era de 351.100 habitantes. Situada a 360 quilómetros ao suroeste de Moscova, esta cidade amurallada foi destruída varias veces ao longo da historia. Estaba nas rutas de invasión de Napoleón e Hitler.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Смоленск (ru) | |||||||||||||||||||
Localización | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
Estado | Rusia | ||||||||||||||||||
Óblasts | Oblast de Smolensk (pt) | ||||||||||||||||||
Capital de | |||||||||||||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||
Poboación | 312.896 (2023) (1.880,95 hab./km²) | ||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||
Superficie | 166,35 km² | ||||||||||||||||||
Bañado por | Río Dniepr | ||||||||||||||||||
Altitude | 254 m | ||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||
Creación | 863 | ||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||
• Xefe do goberno | Q124769427 (2023–) | ||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||
Código postal | 214000–214999 | ||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||
Prefixo telefónico | 4812 | ||||||||||||||||||
Identificador OKTMO | 66701000001 | ||||||||||||||||||
Identificador OKATO | 66401000000 | ||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||
Irmandado con | |||||||||||||||||||
Sitio web | smoladmin.ru | ||||||||||||||||||
A cidade é un importante nó ferroviario e un destacado centro comercial, cultural e industrial. Na súa industria predominan os produtos para a construción de estradas, a maquinaria, os téxtiles e os produtos alimenticios. Os edificios de carácter histórico da cidade son dúas igrexas do século XII e a catedral da Asunción dos séculos XVII e XVIII.
O nome da cidade deriva do nome do Smolnya Rivulet. A orixe deste hidrónimo é menos claro. Unha posibilidade atópase na palabra eslava para terras negras. Outra alternativa é a palabra rusa smolá, que significa resina ou brea.
Smolensk é unha das cidades máis antigas de Rusia, empezou sendo un asentamento comercial fortificado. A primeira mención data de 863, dous anos despois da fundación do Rus de Kíiv. Segundo a Crónica de Néstor, Smolensk era a capital dos Kríviches. En 882 foi tomada por Oleg de Nóvgorod, no seu paso de Nóvgorod a Kíiv. O pobo xa fora tomado dúas décadas antes polos capitáns varegos Askold e Dir, cando na súa viaxe a Kíiv decidiron facerse coa cidade e a súa gran poboación.
A primeira mención estranxeira foi do Emperador Constantine Porfirogenitus. En De Administrando Imperio describe Smolensk como unha peza clave na ruta dos Varegos aos Gregos.
O principado de Smolénsk foi fundado en 1054. Pola súa posición centrada nas terras rusas, a cidade desenvolveuse rapidamente. A finais do século XII o principado era un dos máis fortes de Europa Oriental, sendo así que a dinastía de Smolénsk controlaba o trono do Rus de Kíiv. Numerosas igrexas foron erixidas nese tempo, incluíndo a de San Pedro e Pablo e a de San Xoán Bautista. A máis notable é unha que se chama Svírskaya; foi admirada polos seus contemporáneos como a estrutura máis bela do Rus.
Aínda que vencida polos exércitos mongois en 1240, e debendo pagar tributo á Horda de Ouro, Smolensk gradualmente converteuse nun conflito entre o Gran Ducado de Lituania e o Principado de Moscova. Foi tomada por Vytautas de Lituania, en 1395, 1404 e 1408. Logo da incorporación ao Gran Ducado, algúns boiardos de Smolensk mudáronse a Vilna; descendentes dos príncipes fuxiron a Moscova.
Cunha poboación de 10.000 persoas, Smolensk converteuse na cidade máis grande da Lituania do século XV. Tres rexementos de Smolensk foron decisivos na Batalla de Grünwald en contra de Livonia. Lituania sufriu un severo golpe cando foi reconquistada por Basilio III de Moscova en 1514.
Para repeler os ataques da Mancomunidade polaco-lituana, Boris Godunov fortificou a cidade. O kremlin de pedra foi construído en 1597-1602. É o máis grande de Rusia. As súas fortes paredes e numerosas torres de vixilancia non evitaron que a mancomunidade se apoderara dela en 1611, logo dun longo asedio de vinte meses, durante a guerra ruso polaca (1605-1618). A debilitada Moscova cedeu o principado á mancomunidade na Tregua de Deulino e polos seguintes 43 anos foi a capital da Voivodia de Smolensk. Para recapturar a cidade, Moscova lanzou a "Guerra de Smolensk" contra a mancomunidade en 1632. Logo da terrible derrota sufrida a mans do rei Ladislau IV de Polonia, a cidade quedou en mans da mancomunidade. As hostilidades renováronse en 1654 cando a mancomunidade foi sacudida pola rebelión cosaca e a invasión sueca. Logo doutro asedio, o 23 de setembro de 1654 Smolensk foi recapturada por Rusia. En 1667 polo Tratado de Andrusovo a Mancomunidade polaco-lituana finalmente renunciou a Smolensk.
En agosto de 1812 tiveron lugar dúas das máis grandes batallas por parte da Grande Armée. Durante a reñida batalla, descrita por León Tolstói en ''Guerra e Paz'', Napoleón entrou na cidade. As perdas totais foron estimadas en 30.000 homes. No centro de Smolénsk destaca o monumento das Aguias, construído en 1912 para marcar o centenario da Invasión napoleónica de Rusia.
Durante a segunda guerra mundial Smolénsk foi outra vez escenario dunha das maiores batallas da guerra, a Batalla de Smolensk. En agosto 1941 o Exército Vermello realizou unha contraofensiva contra o exército alemán. Máis do 93 % da cidade foi derruída durante esta loita. En 1985, 40 anos logo da guerra, foille concedida á cidade o título de Cidade Heroica.
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.