From Wikipedia, the free encyclopedia
A abstinencia sexual ou continencia sexual[2] é un comportamento que consiste en privarse dalgúns ou tódolos aspectos da actividade sexual por vontade propia (por razóns relixiosas, morais, filosóficas, anticonceptivas ou psicolóxicas), ou allea (por razóns médicas, legais, económicas ou sociais).
A abstinecia sexual acostuma a defenderse por algúns como un recurso preventivo contra a SIDA e outras doenzas de transmisión sexual, principalmente entre adolescentes. A súa adopción é preconizada por determinadas denominacións relixiosas que a consideran como unha virtude,[3] estando ligada ao termo castidade.[4]
Os conceptos de abstinencia sexual, celibato e asexualidade son confundidos acotío pero teñen significados diferentes. A abstinencia sexual, tamén coñecida como continencia,[5] refírese a absterse de toda actividade sexual, a miúdo durante un período limitado de tempo.[6] O celibato é un comportamento motivado por factores como as crenzas persoais ou relixiosas dunha persoa. Para Gabrielle Brown, «a abstinencia é unha resposta ó exterior do que está pasando, e o celibato é unha resposta dende o interior».[7] De acordo con esta definición, o celibato é algo máis que non ter relacións sexuais. É máis intencional que a abstinencia e o seu obxectivo é o crecemento persoal. Esta perspectiva sobre o celibato é compartida por diversos autores, entre eles Elizabeth Abbott, Wendy Keller e Wendy Shalit.[8]
A abstinencia sexual é o método máis efectivo contra os embarazos non desexados e a propagación das infeccións de transmisión sexual.[9] No 2004, a revista The Lancet publicou un artigo onde apostaba por educar ós rapaces de xeito que atrasasen as relacións sexuais como o xeito máis efectivo contra a propagación da SIDA tendo en conta que os preservativos diminúen o risco de infección pero nunca o eliminan. Chamou a esta estratexia para dar prioridade ós elementos da loita contra a SIDA coas letras ABC, que en inglés son as iniciais de abstinencia, fidelidade e preservativo.[10] Dende ese intre, diversas administracións públicas o promoveron. Algúns estudos, conclúen que sería efectiva unha aposta máis decidida das administracións neste senso.[11] Un dos problemas cos que se atoparon os impulsores destas políticas é a dificultade de cambiar os comportamentos da xuventude.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.