Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Abebe Bikila (en amhárico አበበ ቢቂላ), nado en Scioa o 7 de agosto de 1932 e finado en Adís Abeba o 25 de outubro de 1973, foi un corredor de maratóns etíope, dúas veces campión olímpico, en Roma 1960 e Toquio 1964.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1932 Scioa (Imperio de Etiopía) |
Morte | 25 de outubro de 1973 (41 anos) Adís Abeba (Imperio de Etiopía) |
Causa da morte | hemorraxia cerebral |
Lugar de sepultura | Etiopía |
Altura | 177 cm |
Peso | 57 kg |
Actividade | |
Ocupación | maratoniano, fondista, atleta |
Nacionalidade deportiva | Etiopía |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | Maratón |
Participou en | |
1968 | Xogos Olímpicos de 1968 |
1964 | Xogos Olímpicos de 1964 |
1960 | Xogos Olímpicos de 1960 |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Africa: An Encyclopedic Reference, (vol:1) |
Axente de policía e garda do corpo persoal do derradeiro emperador etíope, Haile Selassie, Abebe Bikila (consérvase a orde onomástica etíope, na que en primeiro lugar se cita o apelido -Abebe- e logo o nome propio -Bikila-), nado en Scioa, no Imperio de Etiopía, converteuse nun heroe nacional despois de obter a medalla de ouro na XVII Olimpíada en Roma.
Desde os Xogos celebrados en Roma no ano 1960, circula a lenda de que Bikila venceu e correu toda a distancia completa da maratón, 42,195 km, descalzo. En realidade comezou calzado, mais tendo problemas cunha das zapatillas no transcurso da carreira, decidiu continuar o resto sen calzado. Naquela carreira, Bikila pasou ao lado do Obelisco de Axum, que fora trasladado a Italia logo da guerra de Etiopía na década de 1930 (o monumento, sería definitivamente restituído a Etiopía o 18 de abril de 2005).
Catro anos despois Bikila presentouse, en peor forma física, nas Olimpíadas de 1964 en Toquio. Fora operado de apendicite seis semanas antes da carreira, e apenas tivo tempo para se preparar. Nesta ocasión correu calzado e venceu de novo. Bikila converteuse no primeiro atleta que vencía na maratón en dúas olimpíadas, e estabeleceu o mellor tempo mundial da distancia.
O 30 de xullo de 1967, durante unha maratón, Bikila sufriu unha grave lesión de peroné, da que foi tratado en Alemaña. Nos Xogos Olímpicos de 1968, celebrados na Cidade de México, Bikila resentiuse da lesión xa na saída, e aínda que correu uns 17 km, viuse obrigado a retirarse. Dita maratón, na que resultou vencedor o seu compatriota Mamo Wolde, foi a derradeira maratón da súa carreira.
No 1969, Bikila tivo un accidente automobilístico preto de Adís Abeba. Non se recuperou dos traumas sufridos e, poucos anos despois, faleceu, con tan só 41 anos de idade.
O estadio nacional de Addis Abeba está dedicado á súa memoria.
No filme de John Schlesinger, The Marathon Man, en varias escenas, Dustin Hoffman, o actor que fai o papel protagonista, observa un vídeo de Bikila correndo; tamén se pode ver a foto de Bikila colgada nunha parede do seu apartamento.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abebe Bikila |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.