Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Abdul Hamid II (en turco otomán: عبد الحميد ثانی, `Abdü’l-Ḥamīd-i sânî; en turco: İkinci Abdülhamit), nado en Istambul o 21 de setembro de 1842 e finado na mesma cidade o 10 de febreiro de 1918, foi o 34.º sultán do Imperio Otomán e o último que exerceu control efectivo sobre o estado en descomposición.[1] Dirixiu o imperio durante o período de decadencia, con rebelións particularmente nos Balcáns, e tivo unha guerra sen éxito contra o Imperio Ruso, seguida doutra guerra vitoriosa contra o reino de Grecia en 1897. Hamid II gobernou dende o 31 de agosto de 1876 ata que foi deposto pouco despois da revolución dos Mozos Turcos o 27 de abril de 1909. Por un acordo cos republicanos Mozos Otománs, promulgou a primeira constitución otomá o 23 de decembro de 1876,[2] que foi un sinal de pensamento progresista que marcou o principio do seu goberno. Con todo, máis adiante, notou a influencia occidental nos asuntos otománs e citando desacordos co parlamento[2] suspendeu tanto a constitución como o parlamento en 1878 e obtivo un maior poder e control efectivo.
A modernización do Imperio Otomán tivo lugar durante o seu reinado, e incluíu a reforma da burocracia e a extensión da rede de ferrocarrís. Ademais desta modernización, estableceuse un sistema para rexistrar a poboación e o control da prensa, ademais da primeira lei de educación moderna en 1898. Na educación foi onde máis alcance tiveron estas modernizacións, establecéndose moitas escolas profesionais (dereito, artes, comercio, enxeñaría, veterinaria, aduanas, granxa, lingüística...). A universidade de Istambul, a pesar de ser pechada por Hamid II en 1881, reabriu en 1900, e estenduse a rede de escolas secundarias, primarias e militares. Desenvolvéronse os sistemas de trens e telégrafos, principalmente por empresas alemás.[2] Durante o seu reinado, o imperio caeu na bancarrota, levando ao establecemento da Administración Otomá da Débeda Pública en 1881.
No estranxeiro, Abdul Hamid II foi alcumando o "Sultán Vermello" ou "Abdul o Maldito", debido aos masacres de armenios e asirios durante a súa etapa e ao uso da policía secreta para silenciar os disidentes e republicanos.[3][4] Estas iniciativas provocaron un intento de asasinato en 1905 por revolucionarios armenios.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.