novela de Jules Verne From Wikipedia, the free encyclopedia
A volta ao mundo en oitenta días[4] (en francés: Le Tour du monde en quatre-vingts jours) é unha novela de aventuras do escritor francés Jules Verne, publicada orixinalmente en 1872. Na historia, Phileas Fogg de Londres e o seu axudante francés Passepartout tentan circunnavegar o mundo en oitenta días cunha aposta de 20 000 libras fixada polos seus amigos no Reform Club. É unha das obras máis aclamadas de Verne.[5]
A volta ao mundo en oitenta días | |
---|---|
Cuberta da primeira edición de 1873. | |
Título orixinal | 'Le Tour du monde en quatre-vingts jours |
Autor/a | Jules Verne |
Ilustrador/a | Alphonse-Marie-Adolphe de Neuville e Léon Benett[1] |
Orixe | Francia |
Lingua | Francés |
Xénero(s) | Novela de aventuras |
Editorial | Le Temps (como unha serie)[2] Pierre-Jules Hetzel (como libro) Edicións Xerais de Galicia |
Data de pub. | 1872[2] (en serie) 30 de xaneiro de 1873[3] 1983 |
Páxinas | 271 (gl; 1983) |
ISBN | ISBN 978-84-8288-235-2 (gl; 1983) |
Precedido por | Le Pays des fourrures |
Seguido por | A illa misteriosa |
Tradución | Valentín Arias (1983) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducido ao galego por Valentín Arias e publicado pola editorial Edicións Xerais de Galicia no ano 1983 co título A volta ó mundo en oitenta días, dentro da colección literaria Xabarín.[6] En 2005 publicouse de novo cunha tradución de María del Carmen Campos e o título A volta ao mundo en 80 días. Publicouna nunha edición bilingüe Baía Edicións, dentro da colección "As Mellores aventuras de Xulio Verne"[7] En 2008, Edicións Xerais de Galicia publicou de novo a tradución de Valentín Arias, desta volta co título A volta ao mundo en oitenta días, dentro da colección literaria Xabaril.[4]
Phileas Fogg é un rico cabaleiro inglés que vive unha vida solitaria en Londres. A pesar da súa riqueza, Fogg vive modestamente e leva a cabo os seus hábitos con precisión matemática. É membro do Reform Club, onde pasa boa parte dos seus días. Despois de despedir o seu axudante por traerlle auga de afeitar a unha temperatura lixeiramente inferior á esperada, Fogg contrata o francés Jean Passepartout como substituto.
No serán do 2 de outubro de 1872, mentres estaba no Club, Fogg vese envolto nunha discusión sobre un artigo en The Daily Telegraph que afirma que coa apertura dun novo treito ferroviario na India, agora é posible viaxar polo mundo en oitenta días. Acepta unha aposta de 20 000 libras esterlinas, a metade da súa fortuna, dos seus compañeiros do club para completar esa viaxe neste período. Con Passepartout acompañándoo, Fogg parte de Londres en tren ás 20:45 p.m.; para gañar a aposta debe regresar ao club a esa mesma hora o 21 de decembro, oitenta días despois. Levan canda si as 20 000 libras restantes para cubrir os gastos durante a viaxe.
Londres a Suez, Exipto | Tren a Brindisi, Italia, a través de Turín e un barco de vapor (o Mongolia) a través do mar Mediterráneo | 7 días |
Suez a Bombai, na India | Barco de vapor (o Mongolia) polo mar Vermello e o océano Índico | 13 días |
Bombai a Calcuta, na India | Tren | 3 días |
Calcuta a Victoria, Hong Kong cunha escala en Singapur | Barco de vapor (o Rangoon) polo mar da China Meridional | 13 días |
Hong Kong a Iocoama, no Xapón | Barco de vapor (o Carnatic) polo mar da China Meridional, o mar da China Oriental e o océano Pacífico | 6 días |
Iocoama a San Francisco, nos Estados Unidos | Barco de vapor (o General Grant) a través do océano Pacífico | 22 días |
San Francisco a Nova York, nos Estados Unidos | Tren | 7 días |
Nova York a Londres, no Reino Unido | Barco de vapor (o China) a través do océano Atlántico até Liverpool e tren | 9 días |
Total | 80 días | |
Mapa da viaxe.[8] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.