filme de 1961 dirixido por William Wyler From Wikipedia, the free encyclopedia
A calumnia (en inglés: The Children's Hour, tamén chamado The Loudest Whisper no Reino Unido) é un filme estadounidense de 1961 de William Wyler. O guión foi escrito por John Michael Hayes, e baséase na obra homónima de Lillian Hellman. Está protagonizado por Audrey Hepburn, Shirley MacLaine e James Garner.
A calumnia | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Children's Hour |
Director | William Wyler |
Produtor | William Wyler |
Guión | John Michael Hayes |
Baseado en | The Children's Hour de Lillian Hellman |
Intérpretes | Shirley MacLaine Audrey Hepburn James Garner |
Música | Alex North |
Fotografía | Franz Planer |
Montaxe | Robert Swink |
Estudio | United Artists |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 19 de decembro de 1961 23 de novembro de 1994 (TVG) |
Duración | 107 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | 3,6 millóns de dólares[1] |
Recadación | 3 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
Estreouse en galego o 23 de novembro de 1994 a través da TVG.[2]
Karen e Martha son dúas amigas e socias que dirixen a escola Dobie-Wright, escola privada para rapazas. Karen está prometida co doutor Joe Cardin, con que pretende casar axiña, aínda que Martha, que non quere estar soa á fronte da escola, insiste en que atrase a voda.
Unha alumna rancorosa e vingativa, ofendida por un castigo que recibiu, oe por casualidade un comentario e emprégao distorsionándoo ante a súa avoa, acusando ambas as profesoras de seren amantes. O escandaloso rumor esténdese rapidamente entre os pais e os titores, e en vinte e catro horas a escola queda sen alumnas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.