AJ10 é o nome dunha familia de motores foguete hipergólicos que consomen ácido nítrico e UDMH , construídos por Aerojet e usados en diferentes foguetes .[1]
Unha segunda etapa dun foguete Delta II, co seu motor AJ10-118K.
O motor AJ10 orixinal, denominado AJ10-37, foi deseñado para o seu uso co foguete Vanguard e máis tarde foi desenvolvido en versións para ser usadas nos foguetes Able (AJ10-41 e AJ10-42) e Delta .[1]
AJ10-101
O AJ10-101 derivaba da segunda etapa do foguete Vanguard e usouse xunto cunha primeira etapa Thor para lanzar satélites artificiais . As primeiras probas do motor tiveron lugar o 21 de febreiro de 1958.[2]
AJ10-104
Foi unha versión en aceiro inoxidable do AJ10 básico usado no foguete Able e mellorada para aumenta-lo pulo de 34,7 kN a 37,0 kN e incrementar a duración da combustión ata dúas veces e media. Voou por primeira vez en 1960 e a etapa resultante foi denominada Ablestar . Foi o primeiro motor capaz de reencenderse no espazo.[3]
Características
Diámetro: 1,4 m[3]
Pulo: 35,1 kN[3]
Impulso específico: 278 s[3]
Tempo de combustión: 296 s[3]
Masa: 90 kg[3]
Presión da cámara de combustión : 7 bar [3]
AJ10-118
Usado en etapas superiores de distintos foguetes Able e Delta (como o Delta A ).[4]
Características
Diámetro: 0,84 m[4]
Pulo: 33,8 kN[4]
Impulso específico: 271 s[4]
Tempo de combustión: 115 s[4]
Masa: 90 kg[4]
Presión da cámara de combustión: 7 bar[4]
Número de lanzamentos: 14[4]
AJ10-118D
Usado nas etapas superiores dos foguetes Delta B , Delta C e Delta D . Voou por primeira vez en 1962. Atópase fóra de produción.[5]
Características
Diámetro: 0,84 m[5]
Pulo: 33,8 kN[5]
Impulso específico: 278 s[5]
Tempo de combustión: 170 s[5]
Masa: 90 kg[5]
Presión da cámara de combustión: 7 bar[5]
Número de lanzamentos: 24[5]
AJ10-118E
Usado nas etapas superiores dos foguetes Delta E , Delta G e Delta J , Delta L , Delta M e Delta N . Voou por primeira vez en 1965.[6]
Características
Diámetro: 1,40 m[6]
Pulo: 35,10 kN[6]
Impulso específico: 278 s[6]
Tempo de combustión: 400 s[6]
Masa: 90 kg[6]
Presión da cámara de combustión: 7 bar[6]
Número de lanzamentos: 47[6]
AJ10-118F
Usado nas etapas superiores dos foguetes Delta 0100 e Delta 1000. Voou por primeira vez en 1972.[7]
Características
Diámetro: 1,40 m[7]
Pulo: 41,40 kN[7]
Impulso específico: 306 s[7]
Tempo de combustión: 335 s[7]
Masa: 95 kg[7]
Presión da cámara de combustión: 9 bar[7]
Número de lanzamentos: 13[7]
AJ10-118G
Usado na etapa superiores do foguete Delta G.[8]
Características
Pulo: 43,41 kN[8]
Impulso específico: 314 s[8]
AJ10-118H
Usado na etapa superior do foguete Delta H.[9]
Características
Pulo: 43,41 kN[8]
Impulso específico: 319 s[8]
AJ10-118J
Usado na etapa superior do foguete Delta J.[10]
AJ10-118K
Usado na etapa superior do foguete Delta K. Voou entre 1982 (estrenándose no voo Delta 164) e 1989 e alimentábase de tetróxido de nitróxeno e Aerozine 50 .[11]
Características
Diámetro: 1,70 m[11]
Pulo: 43,40 kN[11]
Impulso específico: 321 s[11]
Tempo de combustión: 444 s[11]
Masa: 98 kg[11]
Presión da cámara de combustión: 8,96 bar[11]
Número de lanzamentos: 127[11]
AJ10-131
Foi un modelo a subescala do motor que se usaría no sistema de propulsión do módulo de servizo das naves Apollo . Probouse por primeira vez en 1960.[12]
AJ10-137
A nave da misión Apollo 15 en órbita lunar, propulsada por un motor AJ10-137.
Foi o motor elixido para ser usado como propulsión principal do módulo de servizo das naves Apolo.[13]
Características
Pulo: 97,50 kN[13]
Impulso específico: 312 s[13]
Tempo de combustión: 585 s[13]
Presión da cámara de combustión: 6,90 bar[13]
AJ10-138
Desenvolvido ininicialmente como motor para os foguetes Vanguard e Able. Voou por primeira vez en 1958.[14]
Características
Diámetro: 1,53 m[14]
Pulo: 35,60 kN[14]
Impulso específico: 311 s[14]
Tempo de combustión: 440 s[14]
Masa: 110 kg[14]
Presión da cámara de combustión: 7 bar[14]
Número de lanzamentos: 80[14]
Mark Wade (2011). "AJ10" (en inglés) . Consultado o 22 de marzo de 2012 .
Mark Wade (2011). "AJ10-101" (en inglés) . Consultado o 23 de marzo de 2012 .
Mark Wade (2011). "AJ10-104" (en inglés) . Consultado o 23 de marzo de 2012 .
Mark Wade (2011). "AJ10-118" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
Mark Wade (2011). "AJ10-118D" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
Mark Wade (2011). "AJ10-118E" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
Mark Wade (2011). "AJ10-118F" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
Mark Wade (2011). "AJ10-118G" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
Mark Wade (2011). "AJ10-118H" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
Mark Wade (2011). "AJ10-118J" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
Mark Wade (2011). "AJ10-118F" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
Mark Wade (2011). "AJ10-131" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
Mark Wade (2011). "AJ10-137" (en inglés) . Consultado o 24 de marzo de 2012 .
Mark Wade (2011). "AJ10-138" (en inglés) . Consultado o 26 de marzo de 2012 .