asteroide From Wikipedia, the free encyclopedia
10199 Chariklo (designación provisional:1997 CU26) é o centauro máis grande do que se ten coñecemento. Orbita o noso Sol entre Saturno e Urano. O 26 de marzo do 2014, uns astrónomos anunciaron o descubrimento duns aneis ó redor de Chariklo grazas á observación dunha ocultación estelar.[5][6]
10199 Chariklo | |
---|---|
Unha comparación entre 10199 Chariklo (esquerda), Plutón (centro), e a Lúa (dereita), baseándose no raio medio. | |
Descubrimento | |
Descuberto por | James V. Scotti, Spacewatch |
Data do descubrimento | 15 de febreiro de 1997 |
Designacións | |
Designación alternativa | 1997 CU26 |
Categoría de planeta menor | |
Características orbitais | |
E=25-11-2005 (dx= 2 453 700) | |
Afelio | 18,66 UA |
Perihelio | 13,08 |
Eixo Semi-maior | 15,87 UA |
Excentricidade | 0,17534 |
Período orbital | 23 087,2 d (63,17 ax) |
Anomalía media | 10,6° |
Inclinación orbital | 23,375° |
Lonxitude do nodo ascendente | 300,451° |
Argumento do perihelio | 242,361° |
Satélites | 2 aneis |
Características físicas | |
Dimensións | 258,6 ± 10,3 km[2]
|
Albedo | 0,05–0,06[2] |
Tipo espectral | B−V=0.84; V−R=0.50 |
Magnitude aparente | ~18,3[4] |
Magnitude absoluta | 6,4[1] |
Chariklo foi descuberta por James V. Scotti do programa Spacewatch o 15 de febreiro do 1997. Chariklo recibe o seu nome da ninfa Cariclo, a muller de Caronte e filla de Apolo.
Un estudo fotométrico do 2001 non foi incapaz de atopar un período definido de rotación.[7] Observacións do espectro infravermello de Chariklo indican a presenza de xeo de auga,[8] a cal podería estar localizada nos seus aneis.[3] A páxina web de Mike Brown catalógao coma un posible candidato a planeta anano, cun diámetro de 232 km.[9]
Se alguén sabe a magnitude absoluta (H) e o albedo dun obxecto, pode estima-lo seu tamaño. Pero coma os centauros son corpos semellantes ós cometas de xeo, os cales poden estar expulsando gas, fai moi difícil a estimación dos seus albedos. Ademais, é tamén probable que o albedo dalgúns centauros varíe co tempo e cos seus niveis de actividade.
Cunha magnitude absoluta (H) de 6,4 [1] e un albedo de 0,06,[2] Chariklo é actualmente a maior centauro coñecido cun diámetro estimado de 258 km.[2] 2060 Chiron (230 km / H = 6,5 / albedo = 0,07) é probablemente o segundo máis próximo en tamaño.[2] O centauro perdido 1995 SN55 (H = 6,0) podería ser incluso máis grande, cun diámetro estimado de case 300 km.
Pénsase que os Centauros son orixinarios do cinto de Kuiper e que están en órbitas dinamicamente inestables, o cal vainos levar á expulsión do Sistema Solar, a acabar nun evento de colisión cun planeta ou co Sol, ou evolucionar cara a un cometa de período curto.[10]
A órbita de Chariklo é máis estable cás de Nessus, Chiron, e Pholus. Chariklo está dentro das 0,09 AU, nunha resonancia orbital de 4:3 con Urano e estímase que leva nesta órbita uns 10,3 millóns de anos.[11] Simulacións orbitais feitas con 20 ciclos da órbita de Chariklo, suxiren que Chariklo, a partir dos próximos 30 000 anos, non vai a achegarse con regularidade ás 3 UA (450Gm) de distancia respecto de Urano.[12]
Durante a súa oposición perihélica do 2003–4, Chariklo tivo unha magnitude aparente de +17,7.[13] A partir 2012, Chariklo está a 14,1 UA respecto do Sol.[4]
Grazas a observación dunha ocultación estelar ocorrida no 2013, feita con sete telescopios diferentes, os astrónomos foron capaces de determinar que Chariklo ten polo menos dous aneis.[5] Este descubrimento foi publicado na revista Nature.[3][14][15] Isto fai de Chariklo o obxecto de menor tamaño que posúe aneis. Os aneis son probablemente confinados por lúas pastor que aínda non foron descubertas xirando ó redor de Chariklo.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.