enxeñeiro de montes, empresario e filántropo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Álvaro Gil Varela, nado en Lugo en 1905 e finado en Madrid o 2 de outubro de 1980,[1] foi un enxeñeiro de montes, empresario e filántropo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 Lugo, España |
Morte | 2 de outubro de 1980 (74/75 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Berlín |
Actividade | |
Ocupación | empresario, filántropo |
Membro de | Real Academia Galega (membro de honra) (1971–1980) Real Academia Galega (membro correspondente) (1952–1971) Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Premios | |
| |
Durante a súa mocidade participou na redacción da revista Ronsel, publicada en Lugo e dirixida por Evaristo Correa Calderón.
Foi axudante de Montes da Deputación de Pontevedra en 1929. Ampliou estudos en Francia e Italia sobre técnicas de pastos. Estivo aloxado na Residencia de Estudiantes. Ampliou estudos en Alemaña en 1934, onde se doutorou pola Universidade de Berlín en Ciencias Naturais. Traballou e colaborou co doutor Cruz Gallástegui en xenética animal.
Vinculado co galeguismo republicano, formou parte do Partido Galeguista. En xuño de 1936 o gobernador civil de Pontevedra Gonzalo Acosta Pan delegou nel a presidencia da Xunta Provincial do Paro.[2][3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo encarcerado. Abríronlle expediente pola Comisión Provincial de Incautación de Bens en 1938,[4] e foi depurado, sendo sancionado con tres anos de inhabilitación para o cargo de axudante de repoboación forestal.[5] Desposuído dos seus títulos académicos entrou en contacto coa empresa Zeltia, na que ocuparía cargos directivos. Tamén participou na xestión de Transfesa. Durante o período franquista axudou a financiar a actividade clandestina do nacionalismo galego.[6]
Entre 1955 e 1980 realizou numerosas doazóns ao Museo Provincial de Lugo, entre as que se contan obras pictóricas e pezas de incalculable valor, como o torque de Burela e o carneiro alado de Ribadeo, ademais de brazaletes, arracadas e pulseiras de ouro de tradición celta. No 2009 unha sentenza xudicial deu a razón aos seus herdeiros, que reclamaban a reversión das devanditas doazóns.
Foi nomeado Fillo Predilecto da cidade de Lugo.
Casou en Lugo con Antonia Arias Vázquez en marzo de 1931.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.