composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O ácido litocólico é un ácido biliar secundario, que se orixina a partir das secrecións biliares. Deriva do ácido quenodesoxicólico da bile. Os conxugados do ácido quenodesoxicólico vertidos na bile, cando chegan ao colon, son procesados por acción bacteriana producindo ácido litocólico por redución do grupo hidroxilo do carbono 7. O ácido litocólico ten unha estrutura esteroide, cun só OH en posición 3 e unha cadea lateral rematada nun grupo carboxilo. No colon o ácido litocólico é absorbido, pasa ao sangue e regresa ao fígado polo circuíto da chamada circulación enterohepática. No fígado o ácido litocólico será conxugado con glicina ou taurina e volto a segregar ao duodeno.
Ácido litocólico[1] | |
---|---|
Ácido (4R)-4-[(3R,5R,8R,9S,10S,13R,14S,17R)-3-hidroxi-10,13-dimetil-2,3,4,5,6,7,8,9,11,12,14,15,16,17-tetradecahidro-1H-ciclopenta[a]fenanthren-17-il]pentanoico | |
Outros nomes Litocolato; ácido litocólico; ácido 3α-hidroxi-5β-colan-24-oico; ácido 3α-hidroxi-5β-colánico; 5β-ácido colan-24-oico-3α-ol | |
Identificadores | |
Número CAS | 434-13-9 |
PubChem | 9903 |
ChemSpider | 9519 |
Número CE | 207-099-1 |
ChEBI | CHEBI:16325 |
ChEMBL | CHEMBL1478 |
Ligando IUPHAR | 611 |
Número RTECS | FZ2275000 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C24H40O3 |
Masa molecular | 376,57 g/mol |
Punto de fusión | 183-188 °C |
Perigosidade | |
Frases S | S22, S24/25 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O ácido litocólico ten toxicidade para as células e foi implicado na carcinoxénese humana e animal experimental de colon.[2] Investigacións preliminares in vitro suxiren que o ácido litocólico mata selectivamente células de neuroblastoma, pero non afecta ás neuronas normais, e é citotóxico para moitos outros tipos de células malignas a concentracións fisioloxicamente relevantes.[3]
A fibra vexetal da dieta pode unirse ao ácido litocólico e axudar a que sexa excretado nas feces;[4] polo que esa é unha das razóns polas que a fibra pode protexer contra o cancro de colon.
O ácido litocólico (e o ácido litocólico acetato e ácido litocólico propionato) poden activar o receptor da vitamina D sen elevar os niveis de calcio igual ca a propia vitamina D.[5]
Algunhas investigacións con lévedos mostran que pode aumentar a vida deses organismos.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.