Sári Gábor, nada en Budapest o 6 de febreiro de 1917 e finada nos Ánxeles (California) o 18 de decembro de 2016, máis coñecida como Zsa Zsa Gabor (|ˌʒɑːʒɑː ˈgɑːbɔr|, en húngaro |ˈʒɒʒɒ ˈɡaːbor|), foi unha actriz húngara-estadounidense.[1] Tivo varios papeis en coñecidos filmes de Hollywood, obras de Broadway e tivo tamén un forte auxe na televisión.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Zsa Zsa Gabor |
Nome orixinal | (hu) Zsa Zsa Gábor |
---|
Biografía |
---|
Nacemento | (hu) Gábor Sári 6 de febreiro de 1917 Budapest, Hungría |
---|
Morte | 18 de decembro de 2016 (99 anos) Os Ánxeles (Estados Unidos de América)
|
---|
Causa da morte | Parada cardiorrespiratoria |
---|
Lugar de sepultura | Westwood Village Memorial Park Cemetery (pt) Cemitério de Kerepesi (pt) |
---|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
País de nacionalidade | Imperio Austrohúngaro Estados Unidos de América |
---|
Relixión | Xudaísmo |
---|
Cor dos ollos | Verde |
---|
Cor do pelo | Cabelo cinza (pt) |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Filme, teatro e Televisión |
---|
Ocupación | actriz de cinema , actriz de televisión , concursante en certames de beleza , actriz de teatro , socialité , actriz |
---|
Período de actividade | 1932 - 1997 |
---|
Lingua | Lingua húngara e lingua inglesa |
---|
Patrimonio estimado | 40.000.000 Ft |
---|
Outro |
---|
Título | Princesa |
---|
Cónxuxe | Frédéric von Anhalt (1986–2016), morte Michael O'Hara (1976–1983) Jack Ryan (1975–1976) Joshua S. Cosden, Jr. (1966–1967) Herbert Hutner (1962–1966) George Sanders (1949–1954) Conrad Hilton (1942–1947) Burhan Belge (1937–1941) |
---|
Fillos | Francesca Hilton (pt) () Conrad Hilton (pt) Marcus Eberhardt (en) , fillo adoptivo () Frédéric von Anhalt (pt) Prinz von Anhalt (en) , fillo adoptivo () Frédéric von Anhalt (pt) |
---|
Pais | Vilmos Gábor (en) e Jolie Gabor (en) |
---|
Irmáns | Magda Gabor (pt) e Eva Gabor (pt) |
---|
Premios |
|
|
Pechar
Comezou a súa carreira nos escenarios de Viena e foi coroada Miss Hungría en 1936. Emigrou aos Estados Unidos en 1941 e converteuse nunha actriz cobizada polo seu «instinto e estilo europeo». O seu primeiro papel no cinema foi como actriz secundaria en Lovely to Look At. Máis tarde actuou na comedia We're Not Married! xunto a Marilyn Monroe, en Touch of Evil de Orson Welles, e realizou un dos seus poucos papeis protagonistas en Moulin Rouge (1952), dirixido por John Huston, quen a describiu como unha actriz de mérito. Ademais dos seus filmes e aparicións na televisión, foi coñecida pola súa serie de nove matrimonios, incluído co magnate hoteleiro Conrad Hilton, o actor británico George Sanders e o dominicano Porfirio Rubirosa.