From Wikipedia, the free encyclopedia
A zoosemiótica é a rama da biosemiótica que estuda os métodos que usan os animais para comunicarse entre si.[1][2] É o estudo do uso dos signos entre animais, desde o punto de vista semiótico, é dicir, o estudo de como algo chega a funcionar como signo para algúns animais.[3] É o estudo das formas animais de coñecemento.[4]
Considerada parte da biosemiótica, a zoosemiótica está relacionada cos campos da etologia e a comunicación animal. Foi desenvolvida polo semiótico Thomas Sebeok baseándose nas teorías do biólogo alemán-estoniano Jakob von Uexküll.[5][6] O campo defínese por ter como obxecto todos aqueles procesos semióticos que comparten tanto animais como humanos.[7] Tamén se diferencia do campo da comunicación animal ou en xeral da biocomunicación en que tamén interpreta signos que non son comunicativos no sentido tradicional, como camuflaxe, mimetismo, comportamento de cortexo etc. O campo tamén estuda a comunicación entre especies, por exemplo entre humanos e animais.[8]
Denomínase zoosemiótica á comunicación animal, biolóxica e celular; ao intercambio de sinais que se dá entre os animais de calquera especie.[9] Os animais teñen diferentes sistemas de emitir mensaxes. Utilizan a súa sensibilidade e os seus sentidos de olfacto, vista, tacto, oído e gusto para emitir e recibir mensaxes. Usan catro campos ou sistemas de comunicación: o campo químico, o óptico, o táctil e o acústico. O uso destes, permítelles abarcar cheiros, intensidade da luz, movementos e o escoitar con claridade e precisión se alguén se achega ou se afasta, etc. Por exemplo; un can gardián percibe claramente a presenza de estraños, sabe como avisar ou atacar si é necesario defender ao seu compañeiro humano. Percibe claramente o cheiro das persoas coñecidas e descoñece sen temor a equivocacións cando a persoa que está cerca non é grata. A comunicación entre os humanos e animais doutras especies tamén é moi frecuente cando se establece unha relación entre ambos, como ocorre entre o can e o seu compañeiro humano. O animal non humano aprende que comportamentos son "bos" e cales non, e despois a manter un intercambio de afecto e lealdade indiscutíbel con algunhas especies.
A biocomunicación entre animais xeralmente dáse entre individuos dunha mesma especie, pero tamén pode ocorrer entre dous animais de especies diferentes. Os animais comunícanse mediante sinais, que poden ser visuais, auditivas, químicas —coa participación de feromonas— ou táctiles. (fp)
A principal hipótese da zoosemiótica, asegura que todos os animais son sociais e que cada especie ten os seus propios medios de comunicación e manifestan a través dela o seu humor, época de celo, alegría, dor, tristeza, etc. Esta ciencia divídese en zoosemiótica pura que deseña os modelos que permiten estudar as mensaxes e sinais que se emiten entre os animais de maneira científica, e zoosemiótica descritiva que estuda a comunicación entre as especies animais, como os sinais que utilizan para elixiren parella, para chamaren ás súas crías ou para alertaren da intromisión de seres estraños ou de perigo.
Unha das funcións importantes é reunir os sexos para a reprodución. O cortexo adoita incluír rituais complexos, nos que un ou ambos os participantes adoptan posturas para "chamarse" entre si. En virtude destes rituais, os participantes aprenden a recoñecerse e a avaliar a conveniencia de aparearse co outro.
Outra función é a de distanciarse doutros animais, como forma de establecer límites territoriais e posicións dentro dunha xerarquía. As xerarquías están determinadas pola agresión e a submisión. Nunha manda de lobos indican a súa submisión baixando as costas, poñendo as orellas cara a atrás e colocando o rabo entre as pernas.
Na defensa contra o ataque de rivais ou predadores, moitas veces interveñen sinais intensos ou repentinos. Os mamíferos adoitan emitir ruxidos ou berros fortes ou graves cando senten ameazados. Os coellos e os cervos fan sinais co rabo co obxecto de advertir aos demais dalgún perigo inminente. Un individuo dun grupo que atopou unha fonte de alimento adoita transmitir esa información ao resto dos seus compañeiros.
Os sinais de comunicación adoptan distintas formas. Isto depende do que se queira transmitir, a distancia que esta ten que percorrer e o hábitat dos animais en cuestión. Os sinais poden ser:
Dependen do sentido do olfacto e nalgunhas ocasións do gusto. Estes sinais poden percorrer grandes distancias cando son transportadas polas correntes do aire, aínda que só son percibidas a favor do vento. As substancias químicas específicas que producen efectos concretos chámanse feromonas. Nas colonias de abellas, por exemplo, a raíña produce unha feromona "real" que impide o desenvolvemento dos ovarios das obreiras. As feromonas teñen grande importancia no relativo á atracción sexual. Tamén se dá isto en mamíferos, por exemplo os cans, xa que a cadela en época de celo, solta un cheiro que atrae ao macho.
Poden variar rapidamente en altura e intensidade. Serven para transmitir unha ampla gama de información. Estes sinais viaxan en todas as direccións e son facilmente localizados polo receptor. Por exemplo, os monos ouveadores (alouatta) e algunhas aves, ras e sapos teñen grandes sacos vocais que amplifican moito os sons que emiten. No caso dos sapos, emiten un son para atraer á femia e outro para "advertir" aos demais de que tamén son machos.
Moitos animais diferentes usan estes sinais, que se poden acender e apagar nun instante, aínda que adoitan ser útiles a determinadas horas do día. Normalmente son rechamantes ou consisten en movementos bruscos. Unha das pinzas do carangrexo violinista macho é máis grande que a outra, de cores brillantes para atraer ás femias. A coración e patróns das ás das bolboretas e os machos de moitas aves atraen aos seus compañeiros a curtas distancias. As cores son un tipo particular de vibracións (a sensación visual ocorre pola recepción das lonxitudes de onda do espectro).
Só actúan a distancias moi curtas. Para sinalar a súa presenza ás femias, as arañas macho vibran as súas membranas dun xeito característico. Os machos de heterópteros producen ondas na superficie da auga para a súa detección polos machos rivais e as femias potenciais. As toupeiras golpean a cabeza contra os teitos dos seus túneles subterráneos para comunicarse cos rivais ou compañeiros. Durante a época de reprodución, as femias de mosquitos moven as súas ás, emitindo unha vibración. Como se dixo, os estímulos auditivos e cromáticos tamén ocorren a través de vibracións.
Algúns peixes que viven nos ríos lodosos de América do Sur e África usan sinais eléctricos capaces de atravesar corpos sólidos. Son utilizadas para a agresión, para o cortexo e para orientarse.
A danza da abella prodúcese cando unha obreira atopa unha boa fonte de alimento ou auga próxima á colmea, regresa e executa encima do panal, unha danza en forma de oito coa que indica a posición exacta do recurso (hídrico, alimenticio) atopado.
O interese destes sistemas de comunicación radica nas súas similitudes e diferenzas coa linguaxe humana:[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.