especie de mamífero From Wikipedia, the free encyclopedia
Mesoplodon layardii, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional como zifio de Layard, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[2] unha das quince integradas no xénero Mesoplodon.[3]
Mesoplodon layardii Zifio de Layard | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Zifio de Layard fotografado na pasaxe de Drake, entre Chile e a Antártida | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Mesoplodon layardii (Gray, 1865) | |||||||||||||||||||||
Área de distribución de Mesoplodon layardii | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
A especie foi descrita en 1865 polo naturalista británico John Edward Gray, baixo o nome de Ziphius layardii, no seu traballo "Notes on the whales of the Cape; by E. L. Layard, Esq., of Cape-Town, Corr. Memb. with descriptions of two new species". Proceedings of the Zoological Society of London, 1865: 357-359.[2]
Para a do xénero, ver Mesoplodon.
O epíteto específico, layardii, foi unha homenaxe ao seu colega e compatriota Edgar Leopold Layard, que escribiu a primeira descrición dun cranio desta especie.
Ademais de polo nome actualmete válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
As principais características desta especie son:
Aparentemente teñen unha distribución continua nas augas temperadas e frías do hemisferio sur, entre os 35° e os 63° S.[1] Ocasionalmente avístanse en augas antárticas,[5][6] e, recentemente, avistouse un epécime no hemisferio norte en augas preto de Myanmar, e suponse claramente que etaba perdido.[7] Encontrárnse espécimes varados en Namibia, Suráfrica, Australia, Tasmania, Nova Zelandia, a illa Heard, Arxentina, Uruguai, Brasil e as illas da Xeorxia do Sur e as Malvinas[6][8]
Como todos os zifíidos, o zifio de Layard habita principalmente en augas profundas máis alá do noiro continental. A estacionalidade dos varamentos fóra de Suráfrica suxire que esta especie é migratoria.[9]
Hai algunha evidencia de segregación sexual entre os grupos (Pitman et al. 2019). Os tamaños dos grupos normalmente oscilan entre os 2 e os 5 individuos, pero rexistráronse grupos de até 10 (Pitman et al. 2019).
A dieta de Mesoplodon layardii está composta case na súa totalidade por luras oceánicas (fóra de Suráfrica, principalmente Cranchiidae, como Taonius pavo e Histioteuthidae), e tamén Vampyroteuthis infernalis, que se atopa a profundidades de 600 a 900 m ou incluso maiores; tamén se alimentan dalgúns peixes e crustáceos.[10]
As candorcas son os seus depredadores máis coñecidos .[11]
Hai pouca información dispoñible sobre o estado da poboación ou das tendencias na abundancia global desta especie, pero, con base en máis de 200 varamentos, principalmente en Australia, Nova Zelandia e Suráfrica, probabelmente non sexa tan rara como algunhas das súas conxéneres.[1]
Hai pouca información específica dispoñíbel sobre ameazas antropoxénicas para Mesoplodon layardii.[12]
Nunca houbo unha pesca para esta especie. As redes de enmalle e os palangres á deriva (tanto activas como abandonadas) son abundantes e estendidas no océano, e sábese que os zifios se enredan e afogan debido a capturas accidentais.[13][14][15] Descoñécese o alcance desta ameaza para esta especie.
Nos últimos anos houbo evidencias crecentes de que os sons subacuáticos fortes, como o sonar activo e operacións sísmicas, poden ser prexudiciais para Mesoplodon layardii.[16] En particular, o uso de sonar activo de buques militares estivo implicado en numerosos varamentos de zifios, incluíndo varias especies de Mesoplodon.[17][18][19][20] Descoñécese a causa exacta dos varamentos, pero ás veces os individuos varados sofren danos nos tecidos, agudos e crónicos, debido á formación in vivo de burbullas de gas, posibelmente resultantes dunha enfermidade de descompresión.[21][22][23]
A inxestión de plásticos no océano por parte dos organismos mariños é un problema xeneralizado e crecente, e posibelmente unha causa importante de mortalidade entre os cetáceos, especialmente os zifios.[24][25] As ameazas específicas inclúen elementos macroplásticos que poden bloquear fisicamente o tracto dixestivo e levar á morte,[26] e microplásticos (de menos de 5 mm),[27][28] que poden lixiviar produtos químicos tóxicos.[29]
Residuos de organoclorados identificáronse noutras especies de zifios,[30] que é un perigo potencial para a saúde de importancia descoñecida. Porén, en todos os casos rexistrados, os residuos de organoclorados que se encontran nos pequenos cetáceos do hemisferio sur son máis baixos que os seus homólogos do hemisferio norte.[31][32] Os zifios son pequenos cetáceos que normalmente viven moi lonxe; as mortes por ataques de buques serían difíceis de documentar, pero informáronse dalgúns casos posíbeis.[15][33]
Os impactos previstos do cambio climático global no medio mariño poden afectar a esta especie, aínda que a natureza e a magnitude destes impactos descoñécese neste momento.[34]
Aínda que, individualmente, ningún dos factores anteriores pode representar unha ameaza fundamental para Mesoplodon layardii, os seus efectos acumulativos poderían ser insostíbeis para esta especie relativamente pouco común.[1]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que non hai informacións sobre a abundancia ou as tendencias da poboación desta especie, foi clasificada como DD (datos insuficientes) na súa Lista vermella en 2008. O status DD considerouse aínda potencialmente aplicábel nesta avaliación. A linguaxe clarificadora nas directrices (versión 14, 2019) afirma que: «se os datos son tan incertos que tanto CR como LC son categorías plausíbeis, o taxon pode figurar como DD». Aínda que a información é escasa, esta especie parece presentarse amplamente en augas temperadas e frías do hemisferio sur e a categoría de CR non se pode aplicar de forma plausíbel. Polo tanto, concluíuse que a especie non pertence á categoría DD. Crese que é raro, pero non tan raro en base a máis de 200 varamentos documentados. As categorías plausibles van desde NT até LC. A LC considérase máis plausíbel tendo en conta a gran variedade de augas onde todas as ameazas coñecidas son probabelmente de niveis relativamente baixos.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.