![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cb/Portretbuste_van_Zeno_van_Elea_Paradigmata_graphices_variorum_artificum_%2528serietitel%2529%252C_RP-P-1907-4495.jpg/640px-Portretbuste_van_Zeno_van_Elea_Paradigmata_graphices_variorum_artificum_%2528serietitel%2529%252C_RP-P-1907-4495.jpg&w=640&q=50)
Zenón de Elea
filósofo grego da Escola de Elea e discípulo de Parménides / From Wikipedia, the free encyclopedia
Zenón de Elea[1] (aprox. 490-430 a.C.). Filósofo grego da Escola de Elea e discípulo de Parménides, hai incluso unha tradición que di que foi fillo deste último. Durante a súa vida gozou de gran respecto e fama entre os seus concidadáns, principalmente como mestre. Residente sempre en Elea, relata Platón que acudían xentes de moitos outros lugares para recibir as súas ensinanzas. Así mesmo, hai unha lenda, transmitida por Dióxenes Laercio, na que se conta como Zenón sacrificou a súa vida para intentar liberar a cidade do poder opresivo dun tirano. Descuberto como integrante dunha conxura para derrocar ó tirano foi sometido a severas torturas para que revelase o nome dos outros conspiradores. Segundo a lenda, resistiu valorosamente, e despois de nomear ó propio tirano como o principal inimigo do Estado mordeuse a lingua arrincándoa e cuspíndoa á cara do tirano. Despois disto o tirano mandou esmagar o seu corpo.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (grc) Ζήνων ὁ Ἐλεάτης ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 490 a. C. ![]() Velia (Grecia Antiga) ![]() |
Morte | c. 425 a. C. ![]() Velia (Grecia Antiga) ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía ![]() |
Ocupación | filósofo , matemático , escritor ![]() |
Profesores | Parménides de Elea ![]() |
Influencias | |
Lingua | Grego antigo ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
![]() |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |