Yves Leterme
From Wikipedia, the free encyclopedia
Yves Leterme Camille Désiré (*Wervik Flandres, Bélxica, 6 de outubro de 1960) fillo de pai valón e nai flamenga) é un político belga, membro do partido Democristián Flamengo e antigo Primeiro Ministro de Bélxica. Desempeñou os cargos de Viceprimeiro Ministro e Ministro de Orzamento, Reformas Institucionais e Transporte no goberno federal de Bélxica. El é tamén exministro-presidente de Flandres e Ministro flamengo de Agricultura e Pesca.
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2020.) |
Yves Leterme foi unha das opcións para converterse no Primeiro Ministro de Bélxica logo da Elección Xeral de 2007. El presentou a súa dimisión como Ministro-Presidente de Flandres o 26 de xuño de 2007. O 16 de xullo do 2007, Leterme foi nomeado para iniciar conversacións formais na formación dun novo goberno de coalición. Tras nove meses de estancamento político, o 20 de marzo de 2008 Leterme foi designado como Primeiro Ministro de Bélxica. O 14 de xullo de 2008, cando aínda non se cumpriran catro meses do seu goberno, presentoulle a dimisión ao rei Alberte II de Bélxica[1].