Yellowcard
From Wikipedia, the free encyclopedia
Yellowcard é unha banda estadounidense de pop punk/rock alternativo formada en Jacksonville (Florida) en 1997, e baseada nos Ánxeles (California) dende o ano 2000.[1] A súa música incorpora o uso do violín, algo pouco común neste xénero. Son principalmente coñecidos polas súas cancións "Ocean Avenue," "Way Away," "Only One," "Lights and Sounds," "Light Up the Sky" e "For You, and Your Denial". O grupo estivo dous anos en hiato e anunciou o seu regreso en agosto do ano 2010. O seu último traballo ata a data, Yellowcard, foi publicado o 30 de setembro de 2016.
Datos rápidos Orixe, Período ...
Yellowcard | |
---|---|
Orixe | Jacksonville (Florida), |
Período | 1997 - 2008 2010 - 2017 2022 - presente |
Xénero(s) | pop punk, rock alternativo, hardcore punk |
Selo(s) discográfico(s) | DIY, Takeover, Lobster, Fueled By Ramen, Capitol, Hopeless, Razor & Tie |
Membros | Ryan Key Sean Mackin Ryan Mendez Josh Portman |
Antigos membros | Ben Dobson Todd Clarry Warren Cooke Alex Lewis Ben Harper Peter Mosely Sean O'Donnell Longineu W. Parsons III |
Na rede | |
yellowcardrock.com | |
Pechar