director de cinema xaponés From Wikipedia, the free encyclopedia
Yasujirō Ozu, (en xaponés 小津 安二郎) nado en Toquio o 12 de decembro de 1903 e finado na mesma cidade o 12 de decembro de 1963 foi un director de cinema xaponés.
Nome orixinal | (ja) 小津安二郎 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de decembro de 1903 Fukagawa-ku (Imperio do Xapón) |
Morte | 12 de decembro de 1963 (60 anos) Q130394004 (Xapón) |
Causa da morte | cancro de larinxe |
Lugar de sepultura | Engaku-ji (en) |
Outros nomes | James Maki Ernst Schwartz Shūtarō Komiya |
Residencia | Matsusaka (–1924) Toquio |
Educación | Universidade de Waseda |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, deseñador de produción |
Período de actividade | 1929 - |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército imperial japonês (pt) |
Conflito | Segunda guerra sino-xaponesa Battle of Xiushui River (en) Battle of Nanchang (en) |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
| |
Páxina web | cinemaclassics.jp… |
|
Comezou a interesarse polo cinema no instituto, cando escapaba das clases para ver filmes como Quo Vadis? ou The Last Days of Pompeii. En 1917 despois de ver o filme Civilization decidiu converterse en director. Porén o seu primeiro traballo foi como profesor substituto.
En 1923 entrou na Shochiku Film Company como axudante de fotografía grazas á intercesión do seu tío e contra a opinión do seu pai. Tras traballar como axudante de dirección foi ascendido e dirixiu o seu primeiro filme en 1927. O guión foi escrito por Kogo Noda, que sería o seu coguionista o resto da súa carreira.
O seu primeiro éxito de crítica foi Nacín, pero, comedia dramática sobre a adolescencia.
En 1937 foi chamado polo exército xaponés e pasou dous anos na China na segunda guerra sino-xaponesa. En 1943, durante a segunda guerra mundial foi contratado para facer un filme de propaganda en Birmania. Porén, foi levado a Singapur para dirixir o filme Deruhi e, Deruhi e e pasou o ano lendo, xogando ao tenis e vendo filmes estadounidenses. Cando acabou a guerra destruíu o guión e todo o material filmado.
Volveu ao Xapón en 1946, mudándose coa súa nai, coa que viviu ata a morte desta. O ano seguinte retomou a súa carreira e a partir deses anos chegaron as súas obras máis destacadas, como Viaxe a Tokio.
Antes da década de 1960 os seus filmes apenas foron vistos fóra do seu país, pero dende entón a súa influencia foi aumentando, sendo considerado un dos grandes directores da historia, aparecendo en enquisas como a da revista Sight & Sound.
Ano | Título xaponés | Título | ||
---|---|---|---|---|
Filmes mudos | ||||
1927 | 懺悔の刃 | Zange no yaiba | ||
1928 | 若人の夢 | Wakōdo no yume | ||
女房紛失 | Nyōbō funshitsu | |||
カボチャ | Kabocha | |||
引越し夫婦 | Hikkoshi fūfu | |||
肉体美 | Nikutaibi | |||
1929 | 宝の山 | Takara no yama | ||
学生ロマンス 若き日 | Gakusei romansu: wakaki hi | |||
和製喧嘩友達 | Wasei kenka tomodachi | |||
大学は出たけれど | Daigaku wa detakeredo | |||
会社員生活 | Kaishain seikatsu | |||
突貫小僧 | Tokkan kozō | |||
1930 | 結婚学入門 | Kekkongaku nyūmon | ||
朗かに歩め | Hogaraka ni ayume | |||
落第はしたけれど | Rakudai wa shitakeredo | |||
その夜の妻 | Sono yo no tsuma | |||
エロ神の怨霊 | Erogami no onryō | |||
足に触った幸運 | Ashi ni sawatta kōun | |||
お嬢さん | Ojōsan | |||
1931 | 淑女と髭 | Shukujo to hige | ||
美人と哀愁 | Bijin to aishu | |||
東京の合唱 | Tokyo no kōrasu | |||
1932 | 春は御婦人から | Haru wa gofujin kara | ||
大人の見る繪本 生れてはみたけれど | Nacín, pero | |||
靑春の夢いまいづこ | Seishun no yume ima izuko | |||
また逢ふ日まで | Mata au hi made | |||
1933 | 東京の女 | Tokyo no onna | ||
非常線の女 | Hijōsen no onna | |||
出来ごころ | Dekigokoro | |||
1934 | 母を恋はずや | Haha wo kowazuya | ||
浮草物語 | Ukigusa monogatari | |||
1935 | 箱入娘 | Hakoiri musume | ||
菊五郎の鏡獅子 | Kagami jishi | |||
東京の宿 | Tokyo no yado | |||
1936 | 大学よいとこ | Daigaku yoitoko | ||
Filmes sonoros en branco e negro | ||||
1936 | ひとり息子 | Hitori musuko | ||
1937 | 淑女は何を忘れたか | Shukujo wa nani wo wasureta ka | ||
1941 | 戸田家の兄妹 | Todake no kyodai | ||
1942 | 父ありき | Chichi ariki | ||
1947 | 長屋紳士録 | Nagaya Shinshiroku | ||
1948 | 風の中の牝鶏 | Kaze no naka no mendori | ||
1949 | 晩春 | Primavera tardía | ||
1950 | 宗方姉妹 | Munekata kyōdai | ||
1951 | 麥秋 | Bakushu | ||
1952 | お茶漬けの味 | Ochazuke no aji | ||
1953 | 東京物語 | Contos de Toquio | ||
1956 | 早春 | Soshun | ||
1957 | 東京暮色 | Tōkyō boshoku | ||
Filmes en cor | ||||
1958 | 彼岸花 | Higanbana | ||
1959 | お早よう | Bo día | ||
浮草 | Herbas errantes | |||
1960 | 秋日和 | Outono tardío | ||
1961 | 小早川家の秋 | Kohayagawa-ke no aki | ||
1962 | 秋刀魚の味 | O sabor do sake |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.