![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/16/Prince_George_at_Queen_Elizabeth_II_Platinum_Jubilee_2022_-_Platinum_Pageant.jpg/640px-Prince_George_at_Queen_Elizabeth_II_Platinum_Jubilee_2022_-_Platinum_Pageant.jpg&w=640&q=50)
Xurxo de Gales
Fillo do Príncipe Guillerme, Duque de Cambridge, e de Catarina, Duquesa de Cambridge / From Wikipedia, the free encyclopedia
Xurxo de Cambridge (en inglés: George of Cambridge), de nome completo George Alexander Louis Windsor[1][2][3] Príncipe de Cambridge, ou simplemente Príncipe George (oficialmente, A Súa Alteza Real, o Príncipe George de Cambridge) é un príncipe do Reino Unido, naceu en Londres, o 22 de xullo de 2013[4][5], sendo o primoxénito do príncipe Guillerme de Cambridge e da súa dona, Catarina, duquesa de Cambridge.
É neto do príncipe Carlos de Gales e mais da princesa Diana de Gales (falecida en 1997); e bisneto da raíña Isabel II do Reino Unido e do príncipe Filipe, duque de Edimburgo. Polo tanto, é o terceiro na liña de sucesión ao trono británico, despois do seu avó e seu pai, aos tronos de 16 estados independentes, aínda que residirá principalmente e estará directamente ligado ao Reino Unido, o máis antigo destes dominios.