![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/70/Jacques-Louis_David_-_Oath_of_the_Horatii_-_Google_Art_Project.jpg/640px-Jacques-Louis_David_-_Oath_of_the_Horatii_-_Google_Art_Project.jpg&w=640&q=50)
Xuramento dos Horacios
Pintura de Jacques-Louis David / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Xuramento dos Horacios (en francés: Le Serment des Horaces) é unha obra de Jacques-Louis David realizada en 1784, uns anos antes da Revolución Francesa. O cadro mide 330 x 425 cm e consérvase no Museo do Louvre. Considérase o paradigma da pintura neoclásica.[1]
Datos rápidos Xuramento dos Horacios, Artista ...
Xuramento dos Horacios | |
---|---|
![]() | |
Artista | Jacques-Louis David |
Data | 1784 |
Técnica | Óleo sobre tela |
Dimensións | 330 cm × 425 cm |
Localización | Museo do Louvre (París) |
Pechar
A pintura representa o «saúdo romano», co brazo estendido e a palma cara a abaixo. O tema da pintura está baseado na lenda dos Horacios e os Curiacios, lenda relatada por Tito Livio na súa obra Ab urbe condita libri, e ten unha perspectiva patriótica e neoclásica; máis tarde converteríase nun modelo a seguir por pintores posteriores. O éxito da obra fixo medrar a fama do seu autor, e permitiulle manter os seus propios estudiantes.[2]