auga conxelada, en estado sólido From Wikipedia, the free encyclopedia
Xeo é o nome dado a calquera das 14 fases sólidas coñecidas da auga. Nun contexto non científico, úsase para describir unha desas fases, de cristal hexagonal, que é a fase que abonda mais. O seu aspecto é vítreo, semitransparente, incluso azul-branqueciño dependendo da presenza de impurezas tales como o ar.
En canto un sólido cristalino natural, o xeo considérase un mineral formado por óxido de hidróxeno.
A súa densidade é inferior á da auga, ficando en 0,92; o seu punto de fusión é 0 °C (á presión estándar). A mesma masa da auga varía de volumes dependendo do estado (líquido ou sólido, o feito distintivo é que, ao contrario da maioría dos sólidos, o xeo no seu punto de fusión preséntase máis dilatado cá súa forma líquida a 4 °C. Isto permite que a capa de xeo de ríos/lagos permaneza na superficie e isole o resto da masa de auga, deste xeito non chega a conxelarse en moitos casos a totalidade do río/lago.
A forma cristalina que adopta o xeo en función da presión e temperatura pódese representar nun diagrama de fase:
Diagrama de fase do xeo— a escala das presións é logarítmica
O xeo emprégase con fins terapéuticos e na conservación de alimentos, entre outros usos.
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.