Xàtiva
From Wikipedia, the free encyclopedia
Xàtiva é unha cidade da Comunidade Valenciana, capital da comarca da Costera. Historicamente, Xàtiva foi unha das poboacións máis importantes do Reino de Valencia, rivalizando ata con Valencia e Orihuela, as outras dúas cidades máis importantes na época foral. Así, como Orihuela e Segorbe tiñan a súa sede episcopal, Xàtiva era a segunda cidade en votar en cortes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarcas da Comunidade Valenciana | Costera | ||||
Capital de | |||||
Capital | Xàtiva (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 30.072 (2023) (392,79 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 76,56 km² | ||||
Altitude | 115 m | ||||
Comparte fronteira con | L'Alcúdia de Crespins (pt) Manuel (pt) Rafelguaraf (pt) l'Ènova (pt) Carcaixent Càrcer (pt) Beneixida (pt) Sellent (pt) Anna Guadasséquies (pt) Castelló Benigànim (pt) Enguera (pt) Bellús (pt) L'Olleria Alcàntera de Xúquer (pt) Torrella (pt) Estubeny (pt) Genovés (pt) Cerdà (pt) Barxeta (pt) Canals (pt) Vallés (pt) La Granja de la Costera (pt) Llanera de Ranes (pt) Rotglà i Corberà (pt) Llocnou d'en Fenollet (pt) Novetlè (pt) La Llosa de Ranes Montesa (pt) Simat de la Valldigna (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Santo padrón | Fiz de Nola e Nosa Señora das Neves | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Roger Cerdà i Boluda (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46800 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46145 | ||||
ARGOS ID (en) | 46145 | ||||
Páxina web | xativa.es |
Actualmente ten 30.334 habitantes, incluíndo as pequenas pedanías integradas de Annauir, Sorió e Torre d'En Lloris. Malia o seu peso demográfico actual ser menor, continua a ser unha da cidade de referentes históricos e culturais.
Os habitantes de Xàtiva chámanse xativans, aínda que popularmente son coñecidos por socarrats, porque as tropas de Filipe V queimaron a cidade durante a Guerra de Sucesión Española. O ensañamento do rei foi tal con esta cidade que lle chegou a muda-lo nome polo de Nueva Colonia de San Felipe e os seus habitantes deportados cara á Mancha. Por este motivo o retrato deste rei esta cara a abaixo no Museu de L'Almodí da cidade.