From Wikipedia, the free encyclopedia
Wind ou WIND é un satélite artificial da NASA lanzado o 1 de novembro de 1994 mediante un foguete Delta 7925 desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral para estudar a magnetosfera terrestre e a súa interacción co Sol.[2][3][5][6]
Wind | |
---|---|
Representación de Wind | |
Tipo | Científico |
Fabricante | Lockheed Martin Astro |
Organización | NASA |
Destino actual | En órbita terrestre.[1] |
Data de lanzamento | 1 de novembro de 1994, 9:31 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta 7925[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla LC-17B[3][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da magnetosfera terrestre e a súa interacción co Sol.[3][6] |
NSSDC ID | 1994-071A |
Masa | 1250,0 kg[3] |
Dimensións | Cilindro de 2,8 m de diámetro e 1,25 m de altura.[3] |
Wind foi unha das catro naves do programa GGS (Global Geospace Science), á súa vez parte das seis naves do programa ISTP (International Solar Terrestrial Physics) dirixido ó estudo da interacción entre a Terra e o Sol. O resto de naves eran Geotail, POLAR (xemela de Wind), SOHO e Cluster.[3][5][6]
A misión de Wind foi estudar o vento solar, os [[[Campo magnético|campos magnéticos]] e as partículas arredor da Terra. Wind ten forma de cilindro de 2,8 m de diámetro e 1,25 m de altura con células solares recubriendo a superficie. A nave ten unha masa de 1250 kg e estabilízase mediante xiro a 20 r.p.m. Dispón de antenas de cable, mastros inerciais soportes para instrumentos no plano de xiro.[3][5][6]
Durante os primeiros nove meses a nave foi posta nunha órbita de dobre sobrevoo lunar cerca do plano da eclíptica, cun apoxeo de entre 80 e 250 radios terrestres e un perixeo de entre 5 e 10 radios terrestres. Nesta órbita o apoxeo producíase sobre o hemisferio diúrno da Terra, facilitando as observacións magnetosféricas. Despois Wind foi insertada nunha órbita de halo arredor do punto L1 do sistema Terra-Sol, onde as medicións do vento solar, das partículas e do campo magnético podían facerse de maneira continua.[3][5][6]
Wind levaba os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.