From Wikipedia, the free encyclopedia
Solar and Heliospheric Observatory, máis coñecido polo seu acrónimo SOHO, é un observatorio espacial conxunto da ESA e da NASA e lanzado o 2 de decembro de 1995 mediante un foguete Atlas IIAS desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida.[2][3][5] Estaba previsto un funcionamento de dous anos, mais en 2020 segue en activo, tendo observado o 24 ciclo solar por enteiro.[7]
SOHO / Solar and Heliospheric Observatory | |
---|---|
Tipo | Observatorio solar |
Fabricante | Matra Marconi Space |
Organización | NASA / ESA |
Data de lanzamento | 2 de decembro de 1995, 8:08 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Atlas IIAS[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo do Sol.[2][6] |
NSSDC ID | 1995-065A |
Masa | 1350 kg[2][5][6] |
Dimensións | 3,65 m de altura, 9,50 m de envergadura[6] |
Potencia | 750 vatios[2] |
Pola altura da súa órbita, SOHO opera fóra da protección da magnetosfera terrestre.[8]
A misión de SOHO foi estudar o Sol en distintos aspectos, entre eles os procesos físicos que crean e quentan a coroa solar e o vento solar, e o seu interior mediante técnicas de heliosismoloxía. SOHO foi parte do Programa Internacional de Física Solar e Terrestre (ISTP pola súa sigla en inglés).[2][3][4][5]
O satélite foi fabricado por Matra Marconi Space, ten unha altura duns 3,65 m e unha envergadura de 9,50 m e estabilízase nos tres eixos. Apunta cara ao sol cunha precisión de +/- 10 segundos de arco por cada 15 minutos de tempo. Foi lanzado a unha órbita arredor do punto de Lagrange L1 entre a Terra e o Sol (a 1,5 millóns de quilómetros da Terra) desde a que ten unha visión continua deste último. Está dividido en dous elementos: o módulo de carga, coa instrumentación, e o módulo de servizo, cos sistemas de propulsión, enerxía e comunicacións. SOHO leva doce instrumentos a bordo que producen un fluxo de datos de 40 kbps salvo cando entra en acción o instrumento MDI, que produce fluxos de ata 160 kbps. Os datos poden transmitirse en tempo real ou gardarse temporalmente na cinta magnética de a bordo.[2][3][4][5]
A misión nominal de SOHO era de dous anos, que completou en abril de 1998. Desde entón foi recibindo extensións. Entre os seus descubrimentos están os ríos de plasma baixo a superficie, estruturas magnéticas na superficie solar que contribúen ao quecemento da coroa, a primeira detección dunha erupción solar producida por terremotos solares, o descubrimento de varias decenas de cometas cerca do Sol e o estudo das execcións de masa coronales para mellorar as predicións do tempo espacial.[2][3][4][5]
Os doce instrumentos de SOHO son os seguintes:[2][3][4][5]
O contacto con SOHO perdeuse o 24 de xuño de 1998 ás 23:16 durante operacións de mantemento, co observatorio pasando automaticamente a un modo no que apunta ao Sol para recuperar a súa orientación orixinal. Os esforzos para recuperar a comunicación non tiveron éxito e unha análise da situación levou á conclusión de que SOHO estaba xirando sobre si mesmo de tal modo que os seus paneis solares apenas recibían enerxía. A situación solucionouse por si soa debido a que de maneira natural, na súa órbita, o ángulo da nave respecto do Sol foi diminuíndo ata que os paneis recibiron suficiente luz e, o 3 de agosto, as comunicacións puideron retomarse. Tras retomar o control, os operadores de terra deixaron o observatorio funcionando de novo o 25 de setembro.[2][3][4][5]
En 2019, a raíz dos datos de SWAN tomados en tres ocasións entre 1996 e 1998, tense comprobado que o rastro da atmosfera terrestre abranguen ata unha distancia de 630 000 km.[10]
Con motivo do 25 aniversario da súa posta en marcha, a ESA ten difundido unha serie de infografías e noticias que salientan que, entre outros feitos,[9]
- leva observado 30 000 execcións de masa solar,
- observado dous ciclos solares (aínda de xeito parcial),
- xerado 20 000 000 imaxes,
- xerado 50 TB de datos,
- achegado datos básicos para 300 teses de doutoramento,
- xerado 6000 publicacións científicas,
- avistado 4000 cometas,
Ó tempo que impulsaba un novo campo científico, a meteoroloxía espacial.
O 15 de febreiro de 2022 SOHO capturou imaxes dunha erupción solar cualificada de xigante, que se estendeu por 3,5 millóns de km.[11]
Dende o lanzamento de SOHO, a NASA lanzou o Observatorio de Dinámica Solar e logo, a sonda solar Parker, e a ESA, Solar Orbiter. Esas misións complementan o traballo de SOHO, mais algún instrumento como o coronógrafo na liña Terra-Sol non ten equivalente en ditas misións.[9]
Espérase que SOHO poida deixar de funcionar en 2025 despois de que outras dúas misións poidan substituír os aparellos que polo momento non teñen equivalente. Son SWFO-L1 (Space Weather Follow-On L1, ou Continuación da Meteoroloxía Espacial en Lagrange 1), da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica dos Estados Unidos (NOAA) e GOES-U (Geostationary Operational Environmental Satellite-U, ou Satélite Xeoestacionario Operacional Ambiental-U), tamén da NOAA.[9]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Solar and Heliospheric Observatory |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.